EDUCACIÓN

Sabemos cuán importante é a alimentación durante as etapas temperás na vida das persoas: a infancia e adolescencia. En ARUME queremos ir máis aló do servizo convencional e implicámonos punta a punta no proceso, desde a procura do mellor produto local, o transporte e servizo do prato na mesa do comedor escolar, ata o acompañamento e dinamización durante o momento do consumo grazas aos nosos experimentados monitores. Utilizamos as técnicas de calidade e control máis esixentes para garantir a máxima seguridade na elaboración e entrega de todos os nosos menús.

Estes menús son previamente pensados e deseñados por expertos nutricionistas e dietistas coñecedores das verdadeiras necesidades alimenticias que esixen esas temperás idades. Pero en ARUME non só buscamos o equilibrio dos menús, senón que poñemos empeño en que a nosa cociña rezume arume caseiro e os neno/as dos comedores escolares sentan como na casa. Conseguir que a hora da comida dos escolares sexa feliz e proveitosa, forma parte da nosa responsabilidade e supón un pracer para nós.

PROXECTO EDUCATIVO

Alimentación e educación son conceptos que deben ser complementarios. Promover hábitos de vida saudables e normas básicas de comportamento e hixiene son valores educativos nos que participamos de forma continúa a través do noso proxecto educativo e coa axuda dos monitores de comedor.

O noso proxecto de formación integra ao sistema educativo e ás familias facéndolles partícipes da importancia de fomentar uns bos hábitos entre os máis pequenos. A través de actividades, talleres ou cursos, os nenos descobren os sabores e características da cociña tradicional galega, a importancia dos hábitos correctos de hixiene, o respecto polos seus compañeiros, as normas de comportamento á hora para comer, o respecto polo medio ambiente ou a orixe dos produtos e as súas propiedades.

Unha parte fundamental deste proxecto son os nosos monitores. No espazo do comedor os nenos non só aliméntanse e conviven, senón que aprenden nunha época fundamental nas súas vidas. Por iso, é necesario coidar, dinamizar, educar e divertir. Aquí é onde os monitores realizan unha gran tarefa achegando agarimo, coidado, respecto e diversión.

O noso proxecto educativo está supervisado por pedagogos, monitores, coordinadores e demais profesionais da educación, garantindo a súa correcta implantación.

Ademais do proxecto educativo, destacamos outros valores crave no noso servizo para o sector da educación:

  • Ofrecemos aos colexios e familias un departamento de Nutrición.

  • Garantimos o valor nutricional de cada menú.

  • Utilizamos as mellores materias primas e primeiras marcas, priorizando, sempre, o produto galego.

  • Cada menú especial está elaborado e etiquetado de forma rigorosa, evitando contaminacións cruzadas entre diferentes tipos de dietas (intolerancias, alergias, …). Para nós a seguridade alimentaria dos pequenos é o máis importante.

Non queremos deixar nada ao azar, como a nosa dedicación é absoluta, ofrecemos tamén servizos complementarios para cubrir necesidades relacionadas co servizo de comedor:

  • Acompañantes no transporte escolar

    Acompañamos aos máis pequenos no seu camiño ao colexio e a volta a casa, fomentando o respecto cara aos demais, a responsabilidade e a educación.

  • Madrugadores

    Abrimos a nosa aula matinal para que os máis madrugadores estean atendidos ata que comece o horario lectivo.

OUTROS SERVIZOS POR COLECTIVIDADES

Achegamos profesionalidade, coñecemento e preocupación polo trato ás persoas. Atendemos en todo o territorio galego a restauración de colectivos como colexios, hospitais, residencias ou empresas.

null

EMPRESAS

null

MAIORES

null

SAÚDE

ALGÚNS DATOS SOBRE ARUME

0
Comensais diarios
0
Centros
0
Profesionais ao seu servizo
0
Provincias galegas
Search Arume - Cocinamos para ti
Share:
Profiles: