Aviso legal

Aviso legal

 
O presente sitio web, https://ALIMENTACIÓN SALUDABLE servicios.com (de agora en diante, o “Sitio Web”, é titularidade de ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA S.A.U., con domicilio social na Rua das Teixugueiras 11, bajo nº 13 (36212) Vigo, CIF número B-27831783. A sociedade foi inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra TOMO 4140, FOLIO: 145, FOLLA: PO-60595.

Pode contactar con ALIMENTACIÓN SALUDABLE  mediante correo electrónico a info@alimentacionsaludablegallega.com

 

1. OBXECTO

Os presentes termos e condicións xerais de uso (de agora en diante, as “Condicións Xerais de Uso”) regulan o uso do Sitio Web.

Ao acceder e utilizar este Sitio Web o usuario recoñece que leu e aceptou estas Condicións Xerais de Uso e comprométese a cumprir con todos os seus termos e condicións.

Así mesmo, o usuario recoñece e acepta que o acceso e uso deste Sitio Web estará suxeito ás Condicións Xerais de Uso que se encontren en vigor no momento en que acceda a el.

 

2. CONTIDOS

O titular do Sitio Web resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes Condicións Xerais de Uso, así como calquera outra condición xeral ou particular que resulte de aplicación. En todo caso, convidámolo/a a que consulte as presentes Condicións Xerais de Uso de forma periódica.

O Sitio Web está concibido como unha ferramenta que permite aos usuarios accederen a diversos contidos, noticias e información corporativa, así como a información detallada sobre os diferentes servizos que ofrecemos.

En particular, o Sitio Web permitiralle coñecer os nosos servizos de restauración e de soporte no marco dos sectores nos que desenvolvemos a nosa actividade.

De igual forma, o Sitio Web constitúese como unha canle de comunicación para aqueles clientes e/ou potenciais clientes que desexan solicitar algún tipo de información e/ou propor algunha suxestión, así como, adicionalmente, para aqueles candidatos que desexen participar en futuros procesos de selección de persoal.

 

3. USO DO SITIO WEB

O usuario recoñece e acepta que o acceso e o uso do Sitio Web e/ou dos servizos incluídos nel ten lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade. O titular do Sitio Web non será en ningún caso responsable do uso que o usuario puidese facer do Sitio Web ou dos servizos, nin dos danos e perdas que puidesen derivar deste.

O usuario comprométese a facer un uso adecuado e lícito do Sitio Web e dos servizos, de conformidade coa lexislación aplicable, as presentes Condicións Xerais de Uso, a moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

En concreto, o usuario deberá absterse de

  1. facer un uso non autorizado ou fraudulento do Sitio Web e/ou dos servizos;
  2. acceder ou intentar acceder a recursos restrinxidos do Sitio Web;
  3. utilizar o Sitio Web e/ou os servizos con fins ou efectos ilícitos, ilegais, contrarios ao que se establece nas presentes Condicións Xerais de Uso, á boa fe e á orde pública, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web ou impedir a normal utilización ou desfrute do Sitio Web;
  4. provocar danos no Sitio Web ou nos sistemas dos nosos provedores ou de terceiros;
  5. introducir ou difundir virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar danos nos sistemas de ALIMENTACIÓN SALUDABLE , dos seus provedores ou de terceiros,
  6. intentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos do titular do Sitio Web, terceiros provedores e outros usuarios;
  7. reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que o usuario conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso estea legalmente permitido;
  8. suprimir, ocultar ou manipular as notas sobre dereitos de autor e os demais datos de identificación do titular do Sitio Web ou de terceiros incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que poida ser inserido nos contidos;
  9. obter ou intentar obter os contidos empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, fosen postos á súa disposición para este efecto ou fosen indicados expresamente nas páxinas web onde se encontren os contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet por non entrañar un risco de dano ou inutilización do Sitio Web e/ou dos servizos.

 

4. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O usuario recoñece e acepta que todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos e/ou calquera outro elemento inserido no Sitio Web (incluíndo, sen limitación, marcas, logotipos, nomes comerciais, textos, imaxes, gráficos, deseños, sons, bases de datos, software, diagramas de fluxo, presentación, audio e vídeo), pertencen ao titular do Sitio Web e/ou a terceiros.

O usuario pode utilizar, ver, imprimir, descargar e almacenar os contidos e/ou os elementos inseridos no Sitio Web exclusivamente para o seu uso persoal, privado e non lucrativo, sempre que se indique a orixe e/ou autor destes e que, se for o caso, apareza o símbolo do copyright e/ou marcas rexistradas (TM) dos seus titulares.

Queda terminantemente prohibida a utilización de tales elementos, a súa reprodución, comunicación e/ou distribución con fins comerciais ou lucrativos, así como a súa modificación, alteración ou descompilación. Calquera outro uso ou explotación de calquera contido e/ou outros elementos inseridos no Sitio Web distinto dos aquí expresamente previstos estará suxeito á autorización previa do titular do Sitio Web ou do terceiro titular dos dereitos afectados.

 

5. LIGAZÓNS

O Sitio Web pode incluír ligazóns que permiten acceder a sitios web de terceiros. Os anteditos elementos serán facilitados unicamente para os efectos de referencia.

Aínda que o titular do Sitio Web unicamente facilita ligazóns a aqueles sitios web que, ao seu entender, cumpren coa lexislación aplicable, o titular do Sitio Web non aproba nin controla os contidos deses sitios web e/ou calquera modificación neles, e exclúe expresamente toda responsabilidade por calquera dano que puidese derivar do acceso, uso ou imposibilidade de uso por parte dos usuarios, de calquera sitio web co que se establecese unha ligazón ou do seu contido.

Por outra parte, queda prohibido vincular calquera sitio web co Sitio Web, sen a autorización previa e por escrito do titular do Sitio Web. Calquera solicitude deberase dirixir a enderezo do titular do Sitio Web. En todo caso, o sitio web que estableza a ligazón ao Sitio Web deberá cumprir coa Lei e non dispor, albergar ou ligar a contidos ilícitos ou contrarios á moral, aos bos costumes e/ou á orde pública, así como tampouco vulnerar os bens ou dereitos do titular do Sitio Web.

 

6. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O titular do Sitio Web non garante a dispoñibilidade nin a continuidade do funcionamento do Sitio Web. En consecuencia, o titular do Sitio Web non será en ningún caso responsable por calquera dano e perda que poida derivar de:

  1. a falta de dispoñibilidade ou accesibilidade ao Sitio Web;
  2. a interrupción no funcionamento do Sitio Web ou fallos informáticos, avarías telefónicas, desconexións, atrasos ou bloqueos causados por deficiencias ou sobrecargas nas liñas telefónicas, centros de datos, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, producidos no curso do seu funcionamento;
  3. outros danos que poidan ser causados por terceiros mediante intromisións non autorizadas alleas ao control do titular do Sitio Web. Co fin de diminuír o risco de introdución de virus no Sitio Web, utilízanse programas de detección de virus. Non obstante, non se pode garantir a ausencia de virus nin doutros elementos no Sitio Web introducidos por terceiros que poidan producir alteracións nos sistemas físicos ou lóxicos dos usuarios ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados nos seus sistemas. En consecuencia, o titular do Sitio Web non será en ningún caso responsable de calquera dano e perda de toda natureza que puidese derivar da presenza de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas físicos ou lóxicos, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios. O titular do Sitio Web adopta diversas medidas de protección para protexer o Sitio Web contra ataques informáticos de terceiros. No entanto, o titular do Sitio Web non garante que terceiros non autorizados non poidan coñecer as páxinas do Sitio Web que visita o usuario, así como tampouco as condicións, características e circunstancias nas que o usuario visita o Sitio Web. En consecuencia, o titular do Sitio Web non será en ningún caso responsable dos danos e perdas que puidesen derivar dese acceso non autorizado.

 

7. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Calquera dato de carácter persoal que o usuario nos facilite durante o uso do Sitio Web será tratado conforme á Política de privacidade e, se é o caso, á/s cláusula/s adicional/ais que se puidese/n establecer para ese fin nos correspondentes formularios de recollida de datos en materia de protección de datos de carácter persoal. O usuario deberá ler e aceptar a referida política e, se é o caso, a cláusula adicional que se puidese establecer, antes de facilitar os seus datos persoais.

Pode consultar máis información na Política de privacidade.

 

8. UTILIZACIÓN DE COOKIES

Nalgunhas ocasións, este Sitio Web utiliza cookies, pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario e que permiten obter información deste.

O usuario ten a opción de impedir a xeración de cookies, mediante a selección da correspondente opción no seu programa navegador, aínda que, a súa desactivación pode impedir o bo funcionamento do Sitio Web.

Pode consultar máis información na Política de cookies.

 

9. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións Xerais de Uso, así como a relación entre o titular do Sitio Web e o usuario, rexeranse e interpretaranse segundo a lei española. As partes acordan someterse á xurisdición exclusiva dos xulgados e tribunais de Barcelona para a resolución de calquera controversia en relación coas presentes Condicións Xerais de Uso ou a relación entre estas.

Search Arume - Cocinamos para ti
Share:
Profiles: