Política de privacidade

Política de privacidade

 
Tanto a privacidade dos usuarios, como a confidencialidade dos seus datos persoais son aspectos prioritarios para ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA S.A.U.. Por medio da seguinte política de privacidade, informámolo/a sobre que datos persoais se recollen ao utilizar a nosa páxina web e como procesamos, utilizamos e protexemos os devanditos datos.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA S.A.U con CIF B-27831783 (en adelante, ALIMENTACIÓN SALUDABLE ) y domicilio en Rua das Teixugueiras 11, bajo nº 13 (36212) Vigo é a responsable dos datos persoais que poidan tratarse ou recollerse na páxina web.

ALIMENTACIÓN SALUDABLE  designou un delegado de protección de datos, ao que se pode dirixir en calquera momento para consultar calquera dúbida sobre o tratamento dos datos persoais mediante un correo electrónico a lopd@alimentacionsaludablegallega.com ou ao enderezo postal indicado.

Como recollemos os seus datos?

Como norma xeral a utilización da web non require como condición previa que os usuarios revelen os seus datos persoais.

Os datos que nos comunique serán facilitados por vostede de forma voluntaria. Existen diversos formularios de contacto a través dos que pode facilitar os seus datos. Así mesmo, a través da navegación na páxina web pode chegar a outros sitios de ALIMENTACIÓN SALUDABLE , en que nos pode facilitar os seus datos para subscribirse ou para descargar contidos que poidan ser do seu interese.

Con que finalidades trataremos os seus datos?  

Os datos que nos poida facilitar serán utilizados por ALIMENTACIÓN SALUDABLE  para:

  • Xestionar a súa petición remitida a través do formulario de contacto para que sexa xestionada pola empresa do Grupo Serunion que corresponda, atendendo ao servizo e á situación xeográfica;
  • Xestionar a súa subscrición aos blogs e/ou newsletters que vostede solicite.

A base xurídica para o tratamento dos datos é o seu consentimento expreso, que se formalizará mediante a aceptación da Política de privacidade no momento da recollida dos datos.

Ademais, a utilización de cookies na páxina web supón que poidamos analizar como mellorar a experiencia de navegación. ALIMENTACIÓN SALUDABLE  pode recompilar e analizar dos visitantes e usuarios certa información sobre o uso da páxina web. A información recompilada pode incluír: volume de tráfico do sitio web, frecuencia das visitas, tipo e o tempo das operacións realizadas, tipo de navegador e sistema operativo, etc. O tratamento das cookies, combinado con outros datos persoais, pode chegar a facer que o usuario sexa identificable. Pero o usuario pode oporse a iso, así como configurar o seu navegador para xestionar as cookies, tal e como se explica na Política de cookies.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos?

Os seus datos persoais serán conservados durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que se recolleron. Se os seus datos se utilizan para varias finalidades que nos obrigan a conservalos durante prazos diferentes, aplicaremos o prazo de conservación máis longo.

Cando os seus datos deixen de ser necesarios, ou ben quedará limitado o acceso a estes ao cumprimento de obrigas estritamente legais ou ben se destruirán de xeito seguro.

No que respecta ao uso da súa información con fins de marketing, conservaremos esa información para o devandito propósito ata que vostede nos solicite o contrario.

Con quen compartiremos os seus datos?

A non ser que se indique o contrario no formulario específico, os seus datos non serán comunicados a outros destinatarios.

Como protexemos os seus datos?

ALIMENTACIÓN SALUDABLE  está comprometida coa seguridade da información e definiu políticas de seguridade e procedementos para garantir a confidencialidade dos seus datos.

Podemos contratar a terceiros determinados servizos que poden supor o acceso e/ou tratamento de datos persoais, pero, en todo caso, esíxese que os terceiros cumpran coa lexislación vixente e coas nosas políticas de seguridade, e deberán garantir o uso da información conforme ás instrucións de ALIMENTACIÓN SALUDABLE  e deberán implantar as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir a confidencialidade da información.

Cales son os seus dereitos en materia de protección de datos?

En calquera momento, pode exercer os seus dereitos dirixíndose ao delegado de protección de datos, no enderezo electrónico mencionado ou por correo postal.

En particular, pode solicitar o acceso aos seus datos persoais, solicitar a rectificación de calquera dato inexacto, solicitar a supresión dos seus datos persoais, solicitar a limitación do tratamento, así como solicitar a portabilidade destes, sempre nos termos previstos na lexislación vixente.

Así mesmo, cando a base xurídica para o tratamento sexa o seu consentimento, pode exercer o seu dereito de oposición ao tratamento dos datos persoais en calquera momento.

Informámolo/a tamén da opción de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, en caso de considerar que se cometeu unha infracción da lexislación con respecto ao tratamento dos seus datos persoais.

 

Search Arume - Cocinamos para ti
Share:
Profiles: