Hoxe queremos falarvos da xornada que celebramos o venres pasado en Palexco.
Baixo o título “Prevención de Trastornos Alimenticios na Mocidade”, xuntamos a pais e nais, empresas de restauración provedoras de Arume e ás grandes profesionais de ABAC, a Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña. En definitiva, a todos os axentes implicados na alimentación dun neno.
Charla- coloquio con ABAC
A xornada comezou cunha charla impartida por María Blanco, psicóloga de ABAC. Nela, reflexionamos sobre cómo detectar os primeiros síntomas dun trastorno alimenticio nun neno ou nena. E, ademais, o papel clave que ten unha alimentación saudable na súa prevención.
Encontro con provedores de Arume
Ao rematar, trala quenda de preguntas na que pais e nais expuxeron as súas dúbidas, pasamos á zona na que estaban os nosos provedores. Zona na que as empresas de restauración Casa Grande de Xanceda, Sanbrandán, Legufrut, Bravomar, Carnicerías Cholo e Coren tiñan montados os seus stands. Alí, os pais e nais puideron coñecer de primeira man as diferentes características e peculiaridades dos alimentos que consumen os seus pequenos nalgúns dos comedores escolares xestionados por Arume. E, ademais, degustar algúns dos produtos máis característicos de cada unha das empresas!
Queremos agradecer a todos os que asististes á xornada, tanto pais e nais como provedores, a vosa presenza e esforzo. Agardamos que vos resultara interesante, e esperamos poder repetir para o ano que ven esta iniciativa!
Deixámosvos cunhas fotiños do evento!