Onte ás 15.00 horas finalizou o prazo para gañar unha cesta de nadal a través do noso Facebook. Estamos moi agradecidos da cantidade de persoas que participaron. Unha friorenta de 1.865 en total!
Por iso, e atendendo ás bases do concurso, subidas tamén á plataforma de Facebook, realizamos un sorteo entre todos os participantes coa ferramenta “Échalo a Suerte”. A mecánica é moi sinxela. Hai un gañador e nove suplentes. Unha vez comunicado o gañador, o mesmo ten 5 días naturais para poñerse en contacto con ARUME e ver como realizar a entrega da cesta de nadal.
Ao pasar este cinco días, o premio pasará ao primeiro suplente, contando co mesmo tempo para poñerse en contacto con nos. O proceso repetirase até o último suplente, sendo considerado o premio deserto se ninguén se pon en contacto con ARUME.
Sen máis dilación comunicámosvos que o gañador ou gañadora da cesta de nadal é…
Cristina Rial!!!!!
Parabéns! Podedes comprobar tanto o gañador como a listaxe de suplentes clicando na seguinte ligazón.
Só nos queda desexarvos felices festas e que vivades un nadal cheo de amor e ledicia!