O primeiro concurso intercolexial organizado por Arume e Fanpa Pontevedra deu comezo no CEP Marcos da Portela e no EEI Fina Casalderrey. “Unha doce historia” é un concurso no que os pequenos usuarios do servizo do comedor poñen en xogo a súa imaxinación para cociñar e decorar galletas. Mais non se trata dunha decoración calquera; como pauta, debe conter a temática dalgún conto.
Para o desenvolvemento do concurso, fórmanse equipos de 10 nenos e nenas de cada colexio. Durante unha hora teránque cociñar e narrar o conto que elixiron.
En total, 18 colexios de Pontevedra participarán no concurso, que ten como obxectivo desenvolver a creatividade dos máis pequenos a través da cociña. Ademáis, pretende tamén transmitir valores como o traballo en equipo, o respecto ou a diversión. A cociña creativa é sen ningunha dúbida unha fonte inesgotable de boas prácticas, e Arume non quere desaproveitar unha oportunidade como esta.
Durante todo o mes de marzo, os nenos e nenas dos colexios de Pontevedra estarán traballando nas súas creacións culinarias.
Deixámosvos cunhas fotiños da primeira xornada no CEP Marcos da Portela.