En Arume seguemos crendo cegamente no lema de que “A verdura con amor entra” así que non dubidamos en facer algo especial desde o comedor para despedir este segundo trimestre, algo onde os rapaces puideran implicarse dunha forma divertida, e pensamos… Que tal converterse en verdura por uns días? Si si…! ser un deses vexetais e tratar de entender que esas verduriñas existen para nós, para crecer fortes e ter boa saúde.
E así foi como xurdiu o conto “Ummmm Verduras!”
Érase unha vez un montón de verduras que atopábanse tristeiras porque non caían ben a tódolos nenxs, entre elas víanse simpáticas e cun aspecto boísimo e apetecible pero non alcanzaban entender cal era o motivo polo que algúns rapaces non querían contar con elas para xantar e as deixaban no prato mortas de risa.
Un día ocorréuselles chamar ó mago da cociña Karlos Arguiñano quen coa súa espumadeira máxica conseguía facer receitas saborosas e irresistibles a calquera boquiña. Decidiu axudar á cuadrilla de vexetais e hortalizas inquietas porque os rapaces foran quedar sen as vitaminas e propiedades tan saudables que tiñan para eles.
Karlos Arguiñano cos seus feitizos cociñeiros soubo como inspirar ós rapaces a probar eses pratos onde as verduriñas tiñan presenza, coa súa maneira de cociñar e explicando ós cativos todo o que se estaban a perder se o deixaban no prato ademais de deixar todos eses vexetais tristóns.
Este conto converteuse no seu conto, cada un fixo o papel dunha hortaliza e en cada cole tivemos un Karlos Arguiñano particular e peculiar. O fixeron de película!!! Moi ben esas representacións !!!
Asociando momentos especiais coa comida agardamos que os lembren como alegres e pracenteiros e saiban aproveitalos cando teñan diante un prato de verduras, cando perciban o seu aroma, cando saboreen eses alimentos… Lembrar emocións positivas… que iso sabemos facelo todos moi ben!!
Ay!!! As cancións de Ola Don alliño ou Acebola Ye yé foron das mais aplaudidas e bailadas por estes verduriñxs!!!