Un dos grandes tesouros que ten o mar é a vida dos peixes. Fai unhas semanas estivemos có noso provedor Bravo Mar. Simone e Javier foron os encargados de presentarnos un proxecto que fai catro anos que naceu, apostando pola pesca sostible e tentando ofrecer o mellor deles.
Visitamos o lugar onde traballan, e coñecimos desde primeira man o camiño que fai o peixe desde alí ata que chega a Arume. Comezan o día moi cedo na subasta da lonxa, o rapaz que o recepciona prepara tamén os pedidos saíntes, outro equipo limpa os peixes e por último están as persoas que o desespiñan e filetean para que chegue dun xeito doado de cociñar para os rapaces.
Maruca, bacallao, peixe palo, atún, compoñen os menús que en Arume preparamos cada mes. Imos falar un pouquiño dos beneficios de incluílo na dieta.
O peixe é un alimento, como sabedes, con altos valores nutricionais, por algo aconsellan tomalo ata catro veces á semana.
Isto débese a varios motivos de peso, así e todo queremos sobresair que o valor das proteínas que aporta é dunha calidade excepcional. E vós pensaredes… pero as proteínas están tamén na carne, nos ovos…! Pois sí, certo, pero a diferencia reside no perfil de grasas que contén; o pescado e moitísimo máis saudable. Imos a explicalo mellor.
O corpo necesita aminoácidos, éstes son compoñentes básicos das proteínas, hai hasta vintedous dos cales oito chámanse aminoácidos ‘esenciais’, quere dicir que soamente pódense obter a través dos alimentos, os chamados ‘non esenciais’ o corpo é capaz de sintetizalos por el mesmo.
E logo… cómo obtemos estes oito aminoácidos esenciais? Pois introducindo na nosa dieta alimentos ricos en proteínas, que a súa vez poden ser de alto valor biolóxico ( quere dicir que teñen os oito aminoácidos esenciais) ou non teñen todos pero fan aporte ó corpo.
Ben, pois o pescado e o ovo son dous fontes de aminoácidos esenciais completos. Cuadruplican a concentración de aminoácidos en comparación coa carne. Fixádevos, poñemos un exemplo: para obter o aporte de triptofano que necesitamos de forma diaria (am.esencial) podemos comer 31g de bacallao ou 275g de carne de terneira. Para cubrir a necesidade da metionina (am.esencial) podemos facelo comendo 48g de bacallao ou 489 g de carne de terneira!!! Xa vedes a diferencia…
O pescado é fácil de dixerir, ten un aporte calórico baixo, ten graxas insaturadas (omega 3-prevención de problemas cardiovasculares-), fonte de minerais (fóforo, sodio, potasio, calcio, ferro, iodo) e proteínas de alto valor biolóxico.
Sabendo isto, podemos reducir o consumo de carne en favor de aumentar o do pescado para cubrir estas necesidades proteicas completamente.
Aumentar o consumo de pescado e marisco nada máis ca trae beneficios para a saúde. Estas festas… xa sabedes, o marisquiño e un bo pescado para compensar toda a repostería do Nadal á que non imos poder resisitirnos!
Moitas grazas a todos por traballar pola saúde, e un grazas extra de parte dos rapaces !!
Aínda que ahí falta unha persoa… sodes estupendos todos, seguide sorrindo!!