Celebramos unha xornada sobre Prevención de Trastornos Alimenticios na Mocidade

Este venres ás 18:00h en A Coruña terá lugar unha xornada moi especial. Desde Arume quixemos organizar, tanto para nenos, como para pais e nais, unha xornada divulgativa sobre Prevención e detección de Trastornos Alimenticios na mocidade. O acto celebrarase no Palexco, o Palacio de Exposición e Congresos de A Coruña.

Neste encontro, queremos reflexionar acerca de como unha alimentación saudable é clave para previr trastornos alimenticios nos máis pequenos/as. Da man dos profesionais de ABAC, a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, impartirase unha charla na que se intercambiarán impresións e coñecementos sobre o tema.

Así mesmo, contamos coa participación dalgúns dos provedores de ARUME que, en clave saudable, poderán informar a todos os asistentes das vantaxes de seguir unha dieta equilibrada. Provedores que destacan pola súa proximidade, froito dunha aposta de ARUME por traballar con empresas da zona co fin de apoiar o desenvolvemento económico galego.

Algúns dos que estarán presentes serán Carnicerías Cholo, A Casa Grande de Xanceda, a panadería Sanbrandán, Bravomar, Coren ou Legufrut. Ademais, haberá degustacións dos seus produtos para amenizar a xornada e para que poidades probar de primeira man a alimentación coa que coidamos aos vosos pequenos/as.

Tamén para os máis pequenos

Mentres tanto, para os reis da casa habilitaremos unha sala de xogos onde, acompañados por monitoras especializadas, poidan pasar unha tarde onde as risas sexan a protagonistas.

E, ademais, entre todos os asistentes, sortearemos unha comida para toda a familia no Bido, o novo restaurante do cociñeiro Xoan Crujeiras.

Se queres pasar unha tarde de venres entretida e divulgativa, ven a pasala con nós! Ademais, podes traer aos teus pequenos, que tamén pasarán poderán gozar desta xornada acompañados de outros nenos e unha monitora.

Se estás interesado en acudir á xornada, ponte en contacto con nós a través da seguinte dirección de correo electrónico info@arumeservicios.gal

Agardámosvos!