Pizza de verduras: unha opción sinxela e sa para comer e cociñar cos máis pequenos

Se hai un público crítico coas verduras ese é o dos máis pequenos, e o mellor xeito de engadilas no seu día a día é presentándoas dun xeito atractivo. A pizza é unha das comidas con máis adeptos entre estes selectos comensais. ¿Porqué non preparala con verduras?
Ademais, outro dos trucos para que os nenos e nenas coman mellor é facelos partícipes da elaboración dos pratos. Por iso, hoxe traemos unha sinxela receita para facer con nenos, e tamén moi rica e sa… Pizza vexetal!

Os ingredientes son:

Para a masa da pizza:

  • 250 gramos de fariña
  • 125 ml de auga quente
  • 1 chisco de sal
  • 2 culleradas de aceite

Para a superficie:

  • 1/2 Pemento vermello
  • 1/2 Pemento verde
  • 1 Tomate
  • Olivas ao gusto
  • Tomate natural triturado
  • Rúcula
  • Queixo mozarrella
  • Champiñóns

Elaboración da masa:

  • Prequentamos o forno ó máximo
  • Poñemos a fariña nun recipiente e engadimos a auga ata mesturalo todo
  • Engadimos as culleradas de aceite e continuamos amasando
  • Cando adquira certa consistencia, deixamos repousar a masa durante 20 minutos.

Elaboración da pizza:

  • Nunha superficie plana, poñemos a masa sobre papel vexetal e engadimos un chisco de fariña.
  • Estiramos a masa e dámoslle forma.
  • Engadimos todos os ingredientes a excepción da rúcula e, de último, o queixo mozarella.
  • Introducimos no forno durante 10-15 minutos
  • Cando a quitemos, engadimos por riba a rúcula e… listo!

¡Esperamos que vos guste moito e agardamos os vosos comentarios!