QUEDA PROHIBIDO

A cociñeira da casa onde servía Estrella gardaba celosamente a receita dos pratos que facía, non había forma de obter unha pistiña de ningún xeito… pero Estrella pensaba que aqueles ‘fritos de ovos’ non eran deste mundo. Despois de anos de indagacións… conseguiu a receita! E agora Xoel, o seu neto, e toda a familia adora eses fritos!

Esta é unha das historias que hai detrás de cada receita que os avós e as avoas dos nenxs que acoden ós comedores de Arume quixeron compartir con nós dunha forma tan especial ó longo deste curso.

Mª del Pilar ben sabe que cando a carne escaseaba na casa, ben bo estaba o ‘caldo de bolos de fariña de millo’ . Ana Mª quere lembrar o gusto tan propio que tiña o seu pai cando facía ‘paella’ xuntándose os domingos en familia. A Samuel encántalle relamber a culler e a pota dos restos de chocolate e crema que quedan despois de facer a ‘torta da avoa’ que fai Pilar. Concepción quedou conquistada polo ‘bacallau ó forno’ que comeu en Portugal e pediu a receita que cos anos foi variando ó seu xeito.

Gustounos moitísimo saber que os sábados e domingos aínda son días cheos de espírito familiar. ‘A torta de queixo’ de Azucena, ‘o coello ó salmorejo’ de Ángela, ‘o biscoito de fresas con nata’ de Alicia ou o ‘paté da tía Loli’ que  fai a avoa de Adrián xa que non pode faltar como entrante cando os netos van a súa casa.

Salvador, o xenro da bisavoa Carmen, non deixa de facer a ‘tortilla de Pascua’ que facía a súa sogra e que tanto lle gustaba, é unha forma de respirala cando se xuntan e manter esa lembranza viva.

 

Tantas e tantas cousas levámonos desta experiencia, destes avós e avoas xenerosos e ilusionados con pasar un día no comedor cos seus netos… Ata receitas internacioniais trouxeron! ‘Rahmchnitzel con rosti’, sabedes que é? Wilma coñeceu ó avó de Jorge en Suiza, ela é de Austria e mesturaron dous tradicións neste prato que non deixan de facer cando van a xantar os netos. A avoa de Dulce non esquece unha costume arxentina e uruguaia como é a de xantar ‘ñoquis’ o día vintenove de cada mes para ter sorte e que non falte o dineiriño. Lembrade xa que isto te a súa cousa: sete ñoquis masticando 7 veces e para os máis supersticiosos: mentres os comedes podedes poñer unhas moediñas baixo o prato.

Croquetas únicas… arroz con choupa covertido en fideua por expreso desexo de Nicolás cando tiña dous anos, callos que a nai de Élida cocinaba dunha forma moi especial, xurelos, filloas, garabanzos, ameixas…. Non remataríamos de contar historias.

 

En Arume adicámoslle un espazo a estas xornadas interxeneracionais porque encántanos compartir historias que agora forman parte da nosa, e ademais o momento da comida é estupendo para escoitar relatos que son parte do que somos.

Os avós e avoas teñen sempre un papel moi importante dentro da familia, non só por ser transmisores de costumes, historias, experiencias, sabiduría, bondade etc… senón tamén polo que representan na educación e crianza dos netos, en tempos nos que tanto o home como a muller están incorporados ó mundo laboral fora de casa. Que seríamos sen vós!!

“Receitas con historia” significou ese novo achegamento entre nenxs, avxs e persoas que acompañamos ós rapaces no momento do comedor, algo moi entrañable e fermoso, compartir un ratiño con todos vós.

Catro edicións entrañables que xa gardamos como recordo deste curso. Sempre seredes benvidos ós nosos comedores, así que a preparar moitas receitas para o curso que ven!

 

Este último concurso remata cunha participación histórica, e oxalá o ano que ven se volvan a encher os nosos comedores de historias… de receitas… de avós e avoas !!!

Para nós é moi especial que veñades a xantar cos netos e deixédes un cachiño da vosa historia en Arume.

E como dixo Neruda (en castelán):

“…

Queda prohibido non buscar a felicidade,

non vivir a túa vida cunha actitude positiva,

non pensar que podemos ser mellores,

non sentir que sen ti, este mundo non sería igual”

Grazas a tódolos avós e avoas do mundo !

 

 

 

 

Receitas con Historia no CEIP Barrié de la Maza

Avós e netos degustarán xuntos unha comida moi especial no CEIP Barrié de la Maza, en Sada (A Coruña). O xoves 20 terá lugar esta xornada, como peche do concurso “Receitas con Historia”. Concurso que consistía na preparación dun prato típico da familia, cociñado en conxunto por avós e netos.

Os participantes, usuarios do servizo de comedor escolar, prepararon cos seus avós unha receita tradicional, que representase, dalgún xeito, a historia familiar. Así, todos os participantes, nenos e avós, degustarán o xoves 20 as receitas gañadoras no comedor do CEIP Barrié de la Maza. De primeiro, unhas clásicas e tradicionais lentellas e, de segundo, un innovador polo ao limón.

Con este concurso, promovido coa axuda da ANPA, preténdese unir anécdotas e relatos familiares con receitas de cociña que acompañan eses recordos. O obxectivo é facer aos maiores da familia partícipes das actividades educativas no momento do comedor. E, ademais, poñer en valor eses pratos tradicionais para que sexan transmitidos de xeración en xeración.

Estamos encantados de levar a cabo esta iniciativa e esperamos poder repetila en máis colexios proximamente!

Hai filloas para todos os padais; para os máis doces, receita de filloas con marmelada!

Falar de entroido é falar de cocido, filloas, orellas, roscas… Se hai algo que define esta época é esa mestura de olor a anís, a masa, forno… E cómo nos gusta!

As filloas son, sen dúbida, un dos pratos protagonistas do entroido. A receita das filloas é algo moi persoal e case intransferible, cada cociñeiro ten un xeito propio de facelas e os seus trucos. Ademais, se preguntamos os comensais, os gustos son de todo tipo: máis ou menos finas, con azucre, con marmelada, sen nada…

Hoxe queremos compartir con vós a nosa particular receita de filloas! Esperamos os vosos comentarios e suxestións 🙂

Os ingredientes son:

  • 500 ml de leite
  • 3 ovos
  • 200 gr. de fariña
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 cullerada de anís doce
  • Un chisco de sal
  • Aceite

Elaboración:

  • Poñemos todos os ingredientes na xerra da batidora e mesturamos ben. Gardamos a masa no frigorífico durante uns 30 minutos.
  • Unha vez que a masa repousou, imos preparar as filloas. Untamos a base da tixola cun papel con aceite.
  • Cando estea quente, vertemos un cullerón de masa e movemos a tixola para que se estenda.
  • Cando os bordes comecen a dourarse e saian burbullas, dámoslle a volta cos dedos ou cunha espátula, deixamos que se faga polo outro lado e lista para comer. E así sucesivamente, ata que se remate a masa!
  • Se queredes, podedes engadirlle un roque de marmelada de fresa ou similar, o resultado é espectacular!

Esperamos que gocedes do entroido con receitas tan ricas como esta, e que nolo contedes!

Pizza de verduras: unha opción sinxela e sa para comer e cociñar cos máis pequenos

Se hai un público crítico coas verduras ese é o dos máis pequenos, e o mellor xeito de engadilas no seu día a día é presentándoas dun xeito atractivo. A pizza é unha das comidas con máis adeptos entre estes selectos comensais. ¿Porqué non preparala con verduras?
Ademais, outro dos trucos para que os nenos e nenas coman mellor é facelos partícipes da elaboración dos pratos. Por iso, hoxe traemos unha sinxela receita para facer con nenos, e tamén moi rica e sa… Pizza vexetal!

Os ingredientes son:

Para a masa da pizza:

  • 250 gramos de fariña
  • 125 ml de auga quente
  • 1 chisco de sal
  • 2 culleradas de aceite

Para a superficie:

  • 1/2 Pemento vermello
  • 1/2 Pemento verde
  • 1 Tomate
  • Olivas ao gusto
  • Tomate natural triturado
  • Rúcula
  • Queixo mozarrella
  • Champiñóns

Elaboración da masa:

  • Prequentamos o forno ó máximo
  • Poñemos a fariña nun recipiente e engadimos a auga ata mesturalo todo
  • Engadimos as culleradas de aceite e continuamos amasando
  • Cando adquira certa consistencia, deixamos repousar a masa durante 20 minutos.

Elaboración da pizza:

  • Nunha superficie plana, poñemos a masa sobre papel vexetal e engadimos un chisco de fariña.
  • Estiramos a masa e dámoslle forma.
  • Engadimos todos os ingredientes a excepción da rúcula e, de último, o queixo mozarella.
  • Introducimos no forno durante 10-15 minutos
  • Cando a quitemos, engadimos por riba a rúcula e… listo!

¡Esperamos que vos guste moito e agardamos os vosos comentarios!