Visibilizando a diabetes entre nenos

Como xa vos contamos con anterioridade, este luns 14 de novembro celebramos o día mundial da diabetes. “Azucre si pero con sentidiño” foi o nome que eliximos para esta acción en colaboración con Anedia. Tamén colaboramos con diferentes ANPAS locais ou provinciais, como FOANPAS.

Antes de nada, queremos agradecer a todas as ANPAS así como a ANEDIA a súa colaboración. O papel de ANEDIA nesta acción é clave. E non só na acción. Tamén no día a día da xestión dos comedores alí onde hai nenos con diabetes. O convenio que temos con eles é fundamental para poder ofrecer os mellores protocolos en coidado desta enfermidade.

O neno con diabetes é un neno máis, que sinxelamente debe prestar máis atención a canto come. É dicir, pode comer o mesmo que calquera outro neno pero prestando atención a canto gramaxe de comida toma. Anedia traballa para normalizar a situación dos pequenos, para evitar que se vexan diferentes a outros compañeiros. E precisamente, “Azucre si pero con sentidiño” buscaba visibilizar isto. Cunha báscula, unha monitora realizou fronte a todos os nenos, os controis diarios de peso polos que pasan os pratos para diabéticos.

A acción desenvolvémola en diferentes coles en Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense. Podes ver fotos máis información no noso Facebook. Ademais, moitos medios cubriron a acción. Estamos moi contentos xa que desta forma moita máis xente poderá sumarse a esta normalización. Deixámosvos unha relación de ligazóns para que visitedes os medios e vos decatedes un pouquiño mellor de como se xestionaron estas xornadas.

Radio Galega. A partir do minuto 37.10.

Onda Cero. A partir do minuto 31.55.

Cadea Ser Vigo. A partir do minuto 10.30.

Televisión de Galicia. Ligazón directa.

Ademais, deixámosvos cunha galería de fotos nalgúns dos coles nos que fixemos a xornada; CEIP San Pedro de Visma, Colexio Luís Vives e CEIP A Carballeira.