Chega a xornada ecolóxica aos comedores escolares de Arume!

A próxima semana, os nosos menús serán diferentes. A comida ecolóxica será protagonista para darlle aos pequenos comensais pratos  saudables e moi ricos!

O luns 13 comezaremos con esta iniciativa en Vigo, repartindo os menús nos comedores escolares que xestionamos. E, o martes 14 a cociña ecolóxica chegará tamén aos colexios de A Coruña.

Máis dunha vintena de colexios gozarán dos nosos menús especiais! E, se vos estades preguntando qué pratos os compoñen, non vos faremos esperar máis.

De primeiro prato, os pequenos e pequenas degustarán unha riquísima crema de cabaza. De segundo, tacos de polo con pasta ecolóxica. E, para rematar, froita!

Esperamos que os comensais gocen do noso menú ecolóxico, e que nolo conten! E, por suposto, animámosvos a todos a consumir produtos frescos e de proximidade, como os de Arume!