Repartimos 4.500 libros entre alumnos e alumnas de toda Galicia!
Como todos e todas sabedes, o domingo foi o día do Libro. E en Arume non quixemos perder esta oportunidade para ter un detalle cos pequenos e pequenas que cada día nos regalar miles de risas e anécdotas. Así, a partir do xoves 27 repartiremos un total de 4.500 exemplares do libro “Noa e Max e o misterio das cenorias”. Estos libros van destinados aos alumnos e alumnas, usuarios do servizo de comedor escolar nos colexios nos que estamos presentes.
A alimentación saudable, clave para os máis pequenos
O conto “Noa e Max e o misterio das cenorias” fala da importancia de levar unha alimentación saudable en clave divertida e desenfadada. Esta historia conta as aventuras dos irmáns Noa e Max nunha fin de semana que pasan cos seus avós no pobo. Alí deben investigar o misterio da desaparición dunhas cenorias da horta dos seus avós. No camiño de atopalas, terán que enfrontarse a numerosas historias. E, tamén descubrirán moitos detalles sobre a orixe dos alimentos ata resolver o misterio da desaparición das cenorias.
Este libro pretende servir de ferramenta para transmitir boas prácticas en alimentación. Aprender a comer de maneira axeitada e adoptar hábitos saudables dende pequenos é unha maneira de prever enfermidades como a obesidade, o colesterol, ou problemas cardiovasculares. De aí a importancia de comezar a concienciar dende que son nenos.
Como sabedes, en Arume cremos na transmisión de valores como ferramenta para a educación. O momento do comedor é unha excepcional oportunidade para fomentar hábitos saudables. E, ademais, de educar en valores como o respecto, a educación e a convivencia. Todo isto, unido á lectura, é unha maneira inmellorable de chegar aos máis pequenos!
Este conto está publicado por Ediciones Ventall he escrito por Anna Manso, con ilustracións de Ana Ocina. Esperamos que vos guste moito a todos e a todas!