Mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Cada 31 de outubro, moito antes de que existise o que hoxe coñecemos como Halloween, os celtas celebraban a súa particular festa de Ano Novo: o Samaín. Contaba a lenda que esa noite tan especial supuña o fin do verán e o inicio do inverno, abríndose unha porta por onde as almas dos falecidos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares. Co fin de conter aos mortos, os celtas iluminaban as rúas con velas fabricadas a partir de froitas e verduras. Co paso do tempo, esas velas rudimentarias acabaron converténdose nunha icona da noite dos mortos por todos coñecido: a famosa cabaza de Halloween.Menú Samaín

Pero non fai falta saltar o charco para gozar do 31 de outubro. Na tradición galega, esta festividade ten un sinal histórico: os nosos antepasados foron os seus orixinarios. Por todo o territorio galego pódense atopar continuas referencias a esta festa, que dunhas décadas para aquí viu caer a súa popularidade.

Pero como un signo máis da nosa historia, é o momento de reivindicalo! Por iso, dende ARUME queremos achegar esta festividade aos máis pequenos.

O vindeiro venres 28 de outubro os nenos levarán unha sorpresa á hora para comer: Samaín enfeitizou o menú do xantar!

Desde ARUME realizaremos un menú completamente tematizado para esta festa pero, como sempre, mantendo os valores nutricionais óptimos para o desenvolvemento de péquelos. Unha rica crema de cabaza abrirá o menú, que continuará cunha tortilla “embruxada” con ensalada como guarnición.

Por último, chega a sobremesa! Divertida froita terrorífica coa que os nenos o pasarán de infarto. O ano pasado fixemos un xogo con mandarinas para transformalas en cabazas de Samaín e as risas foron as protagonistas da xornada. Un día moi especial que estamos a desexar repetir.

Parécenos importante para un momento e falar da cabaza como parte dunha boa dieta. A cabaza é unha verdura doce (aproveitemos as chuches da natureza!) e contén un 90% de auga e moi poucas calorías e hidratos de carbono. En cambio, é moi rica en vitaminas, minerais e fibra. Ademais é antioxidante e depurativa. Para cociñala, o mellor é cocela en anacos para quitar de forma doada a pel. Despois podemos comela como guarnición ou facer unha crema ou puré. Recomendación: a crema con pipas, noces ou sementes como a chia (un superalimento a ter en conta) e aderezada cun chorro de aceite de oliva virxe, está deliciosa!