Da granxa ó cole con Xanceda

Recentemente ARUME pechou unha colaboración coa Casa Grande de Xanceda, granxa que produce lácteos ecolóxicos. Este acordo vainos permitir achegar un día aos coles os iogures e bebíbeis ecolóxicos producidos pola granxa coruñesa. Ademais, Xanceda achegará aos pequenos divertidas fichas para colorear e recortar. A protagonista, como non, será unha vaquiña que virá con información sobre os diferentes aspectos relacionados cunha granxa e os produtos naturais.

Realizaranse varias xornadas especiais de Xanceda ao longo de novembro. Nestas, un representante da granxa achegarase a diferentes coles para falar do seu interesante proxecto de Granxa Ecolóxica. A primeira a celebramos no CEIP Seis do Nadal en Vigo (en colaboración con FOANPA) e os escolares quedaron encantados!

Este tipo de colaboracións son moi importantes para ARUME porque nos permite apoiar empresas de alimentación locais. Ademais, poñemos a disposición dos colexios novos e diferentes conceptos

da granxa ó cole
Ficha “Da Granxa Ó Cole”

alimenticios. Neste caso concreto, ARUME achega aos máis pequenos un produto que non só brilla por ser ecolóxico, senón por ser un produto local elaborado na nosa terra.

Este último concepto é un habitual nos menús de ARUME. Sempre que sexa posible, primamos 100% a proximidade dos produtos. Cremos firmemente na calidade gastronómica da nosa terra. Por iso o produto galego é o protagonista dos menús dos pequenos. Neste caso concreto, xunto a Xanceda, mostramos como estes alimentos ecolóxicos poden ter perfecta cabida nos nosos menús.

Sobre a Casa Grande de Xanceda

A Casa Grande de Xanceda é unha granxa familiar situada en Mesía, A Coruña. Nela producen leite e produtos lácteos. Teñen 350 vacas que pasean e pacen por 200 hectáreas de prados e bosques. As súas vacas son, como eles mesmos din, vacas ecolóxicas e felices.

Actualmente, son os segundos maiores produtores ecolóxicos de España. Despois de moitos anos producindo leite, en 2007 construíron o seu primeiro taller de iogur, como non, co leite fresco e ecolóxico da súa propia granxa. Desta forma controlan todo o proceso de produción, dende a herba dos pastos até o produto envasado para tenda.