QUEDA PROHIBIDO

A cociñeira da casa onde servía Estrella gardaba celosamente a receita dos pratos que facía, non había forma de obter unha pistiña de ningún xeito… pero Estrella pensaba que aqueles ‘fritos de ovos’ non eran deste mundo. Despois de anos de indagacións… conseguiu a receita! E agora Xoel, o seu neto, e toda a familia adora eses fritos!

Esta é unha das historias que hai detrás de cada receita que os avós e as avoas dos nenxs que acoden ós comedores de Arume quixeron compartir con nós dunha forma tan especial ó longo deste curso.

Mª del Pilar ben sabe que cando a carne escaseaba na casa, ben bo estaba o ‘caldo de bolos de fariña de millo’ . Ana Mª quere lembrar o gusto tan propio que tiña o seu pai cando facía ‘paella’ xuntándose os domingos en familia. A Samuel encántalle relamber a culler e a pota dos restos de chocolate e crema que quedan despois de facer a ‘torta da avoa’ que fai Pilar. Concepción quedou conquistada polo ‘bacallau ó forno’ que comeu en Portugal e pediu a receita que cos anos foi variando ó seu xeito.

Gustounos moitísimo saber que os sábados e domingos aínda son días cheos de espírito familiar. ‘A torta de queixo’ de Azucena, ‘o coello ó salmorejo’ de Ángela, ‘o biscoito de fresas con nata’ de Alicia ou o ‘paté da tía Loli’ que  fai a avoa de Adrián xa que non pode faltar como entrante cando os netos van a súa casa.

Salvador, o xenro da bisavoa Carmen, non deixa de facer a ‘tortilla de Pascua’ que facía a súa sogra e que tanto lle gustaba, é unha forma de respirala cando se xuntan e manter esa lembranza viva.

 

Tantas e tantas cousas levámonos desta experiencia, destes avós e avoas xenerosos e ilusionados con pasar un día no comedor cos seus netos… Ata receitas internacioniais trouxeron! ‘Rahmchnitzel con rosti’, sabedes que é? Wilma coñeceu ó avó de Jorge en Suiza, ela é de Austria e mesturaron dous tradicións neste prato que non deixan de facer cando van a xantar os netos. A avoa de Dulce non esquece unha costume arxentina e uruguaia como é a de xantar ‘ñoquis’ o día vintenove de cada mes para ter sorte e que non falte o dineiriño. Lembrade xa que isto te a súa cousa: sete ñoquis masticando 7 veces e para os máis supersticiosos: mentres os comedes podedes poñer unhas moediñas baixo o prato.

Croquetas únicas… arroz con choupa covertido en fideua por expreso desexo de Nicolás cando tiña dous anos, callos que a nai de Élida cocinaba dunha forma moi especial, xurelos, filloas, garabanzos, ameixas…. Non remataríamos de contar historias.

 

En Arume adicámoslle un espazo a estas xornadas interxeneracionais porque encántanos compartir historias que agora forman parte da nosa, e ademais o momento da comida é estupendo para escoitar relatos que son parte do que somos.

Os avós e avoas teñen sempre un papel moi importante dentro da familia, non só por ser transmisores de costumes, historias, experiencias, sabiduría, bondade etc… senón tamén polo que representan na educación e crianza dos netos, en tempos nos que tanto o home como a muller están incorporados ó mundo laboral fora de casa. Que seríamos sen vós!!

“Receitas con historia” significou ese novo achegamento entre nenxs, avxs e persoas que acompañamos ós rapaces no momento do comedor, algo moi entrañable e fermoso, compartir un ratiño con todos vós.

Catro edicións entrañables que xa gardamos como recordo deste curso. Sempre seredes benvidos ós nosos comedores, así que a preparar moitas receitas para o curso que ven!

 

Este último concurso remata cunha participación histórica, e oxalá o ano que ven se volvan a encher os nosos comedores de historias… de receitas… de avós e avoas !!!

Para nós é moi especial que veñades a xantar cos netos e deixédes un cachiño da vosa historia en Arume.

E como dixo Neruda (en castelán):

“…

Queda prohibido non buscar a felicidade,

non vivir a túa vida cunha actitude positiva,

non pensar que podemos ser mellores,

non sentir que sen ti, este mundo non sería igual”

Grazas a tódolos avós e avoas do mundo !

 

 

 

 

No Día Nacional do Celíaco, “todos comemos o mesmo”

O vindeiro sábado 27 de maio será o Día Nacional do Celíaco, e en Arume non perderemos a oportunidade de celebralo. Así, repartiremos entre todos os comensais dos colexios galegos nos que estamos presentes, uns menús moi especiais.

Un menú moi especial

Serán pratos adaptados, como os que cada día facemos para os nenos e nenas que sofren algún tipo de intolerancia ou alerxia alimenticia. En concreto, faremos un menú especial para celíacos, sen glute, que repartiremos entre todos os  nenos e nenas. De primeiro prato, serviremos unha ensalada tropical; de segundo, paella de verduras e ave e, de sobremesa, iogur.

Con esta iniciativa, chamada “Hoxe todos comemos o mesmo” queremos promover a seguridade alimentaria pola que traballamos cada día, ofrecendo menús específicos e adaptados a todas as necesidades e circunstancias. E, ademais, facer visible que unha intolerancia ao glute só diferenza aos nenos no tipo de comidas e en nada máis. Por iso, no día do Celíaco, seremos todos iguais. Comeremos todos o mesmo.

En definitiva, celebraremos o Día Nacional do Celíaco ofrecendo a todos os nenos e nenas menús adaptados. Trátase de demostrar que sen glute as comidas son igualmente ricas. E de concienciar sobre a importancia da seguridade alimentaria en casos de intolerancia e/ ou alerxia.

Feliz día do Celíaco a todos e todas!

Repartimos 4.500 libros entre alumnos e alumnas de toda Galicia!

Como todos e todas sabedes, o domingo foi o día do Libro. E en Arume non quixemos perder esta oportunidade para ter un detalle cos pequenos e pequenas que cada día nos regalar miles de risas e anécdotas. Así, a partir do xoves 27 repartiremos un total de 4.500 exemplares do libro “Noa e Max e o misterio das cenorias”. Estos libros van destinados aos alumnos e alumnas, usuarios do servizo de comedor escolar nos colexios nos que estamos presentes.

A alimentación saudable, clave para os máis pequenos

O conto “Noa e Max e o misterio das cenorias” fala da importancia de levar unha alimentación saudable en clave divertida e desenfadada. Esta historia conta as aventuras dos irmáns Noa e Max nunha fin de semana que pasan cos seus avós no pobo. Alí deben investigar o misterio da desaparición dunhas cenorias da horta dos seus avós. No camiño de atopalas, terán que enfrontarse a numerosas historias. E, tamén descubrirán moitos detalles sobre a orixe dos alimentos ata resolver o misterio da desaparición das cenorias.

Este libro pretende servir de ferramenta para transmitir boas prácticas en alimentación. Aprender a comer de maneira axeitada e adoptar hábitos saudables dende pequenos é unha maneira de prever enfermidades como a obesidade, o colesterol, ou problemas cardiovasculares. De aí a importancia de comezar a concienciar dende que son nenos.

Como sabedes, en Arume cremos na transmisión de valores como ferramenta para a educación. O momento do comedor é unha excepcional oportunidade para fomentar hábitos saudables. E, ademais, de educar en valores como o respecto, a educación e a convivencia. Todo isto, unido á lectura, é unha maneira inmellorable de chegar aos máis pequenos!

Este conto está publicado por Ediciones Ventall he escrito por Anna Manso, con ilustracións de Ana Ocina. Esperamos que vos guste moito a todos e a todas!