Dentro da nosa misión educativa comezamos o ano con moitos proxectos cara ós cativos que esperamos fagan voar a súa imaxinación e manteñan entre os recordos que garden dos anos que pasaron na escola. Son xogos didácticos que complementan o espazo do comedor e con eles queremos darlle unha motivación máis para que ese tempo sexa divertido ademáis de que se leven un aprendizaxe para sempre.
Comezamos con xogos que sigan despertando amor pola froita, polas árbores e a terra, nesta ocasión os nen@s xogaron a imaxinarse unha froita nova, boísima! Puxéronlle un nome orixinal que a distinguise, desde logo ideas non faltaron nesas mentes inquietas!
Seguimos cun xogo moi divertido chamado “A PELOTA PARLANCHINA” co que dan a coñecer as súas preferencias sobre a comida, as cores, os sabores etc… á vez que van pasando a pelota duns a outros xa que é unha pelota quente! e haina que pasar a un compañeiro rápido (é broma, pero ten que facer que lles queima, comprendedes…?) . Un entretenemento que nos axuda a coñecer máis cousas de cada un de nós e polo tanto a entendernos mellor.
Un dos problemas máis habituais dun comedor escolar é “O RUIDO”, moitas persoas xuntas nun mesmo espazo, despois de horas de estar na clase e con moitas ganas de falar e inda por riba nenos! o volumen dos rapaces tende a ser alto por natureza, saen da clase con ganas de falar e súmase o entusiasmo que lle poñen a todo. Ben… non. Non son eles soamente, o entrar nun restaurante cheo de adultos que escoitades? … ruido.
Somos o segundo país considerado como máis estrondoso do mundo. Se combatimos isto na escola e nas casas ensinando ás novas xeracións a ser máis silenciosas, sairíamos dese lugar? Non sabemos, pero intentaremos aportar o noso graniño de area a estos futuros xóvenes para que nos axuden.
A contaminación acústica afecta á concentración e ó desenvolvemento cognitivo, ó seu sistema nervioso. Co xogo que lles propoñemos, axudarémoslles a diferenciar ‘ruido’ de ‘son’, e así poder disfrutar de verdade dos sons agradables como o da chuvia, o do vento, o cantar dun paxaro, a risa dunha persoa. Intentade relaxarvos xa veredes todo o que escoitades e apreciades vós tamén…
Viaxaremos tamén nunha “MÁQUINA DO TEMPO” ó pasado pero coas mellores ferramentas do futuro, desde a era dos dinosaurios, pasando polas travesías do capitán Cook. Xa… queredes vir… preguntade ós vosos fillos se vos deixan subir, cremos que lles pode encantar vervos polo comedor un día…
Decoraremos a porta do comedor simulando ser a nosa máquina do tempo.
Faremos un carné de viaxeiros e viaxeiras do tempo. Podemos facelo de forma individual ou facelo colectivo nun cartón xigante, deixaremos que escollan eles.
Para que quede constancia das viaxes elaborarán uns debuxos que simulen ser unhas fotografías daqueles lugares que visitamos. Algo así pero moitíííísimo máis bonito vai ser a máquina do tempo de Arume!!
E por último da man dun dos personaxes máis célebres e admirados da historia da ciencia, Einstein, faremos un xogo coa enerxía estática que seguro será moi divertido para estes pequenos futuros investigadores.
A xantar e sentirse ben aprendendo !!!