QUENES SOMOS

ARUME nace co obxectivo diferenciador de ofrecer unha experiencia que combine a tradición e riqueza do noso receitario en Galicia coas mellores materias primas, a innovación e a máxima seguridade alimentaria nas colectividades.

Por iso, en ARUME sabemos que é clave traballar con produtos locais -de proximidade- elaborados e producidos na nosa terra. Estes produtos autóctonos son os que achegan e impregnan os pratos dese sabor especial, do propio ARUME que constitúe a nosa gastronomía local.

O apoio e confianza dos nosos clientes e provedores, permítenos avanzar e contribuír á correcta alimentación de diferentes colectivos como escolas, empresas, hospitais ou centros da terceira idade.

Con sede social en Galicia, ARUME dispón de equipos humanos situados nas catro provincias galegas cos que atendemos a todos os nosos clientes ofrecéndolles proximidade e coidando todos os detalles do servizo que lles prestamos.

Ademais, para aqueles clientes que non dispoñen dunha cociña nos seus propios centros dispoñemos de modernas cociñas centrais de proximidade, repartidas por todo o territorio, que nos permiten ofrecer un servizo de restauración de calidade, próximo e moi adaptado ás súas necesidades.

ALGÚNS DATOS SOBRE ARUME

0
Comensais diarios
0
Centros
0
Profesionais ao seu servizo
0
Provincias galegas

DESCARGA A PRESENTACIÓN DE ARUME (pdf)

Search Arume - Cocinamos para ti
Share:
Profiles: