Se hai un público crítico coas verduras ese é o dos máis pequenos, e o mellor xeito de engadilas no seu día a día é presentándoas dun xeito atractivo. A pizza é unha das comidas con máis adeptos entre estes selectos comensais. ¿Porqué non preparala con verduras?
Ademais, outro dos trucos para que os nenos e nenas coman mellor é facelos partícipes da elaboración dos pratos. Por iso, hoxe traemos unha sinxela receita para facer con nenos, e tamén moi rica e sa… Pizza vexetal!
Os ingredientes son:
Para a masa da pizza:
- 250 gramos de fariña
- 125 ml de auga quente
- 1 chisco de sal
- 2 culleradas de aceite
Para a superficie:
- 1/2 Pemento vermello
- 1/2 Pemento verde
- 1 Tomate
- Olivas ao gusto
- Tomate natural triturado
- Rúcula
- Queixo mozarrella
- Champiñóns
Elaboración da masa:
- Prequentamos o forno ó máximo
- Poñemos a fariña nun recipiente e engadimos a auga ata mesturalo todo
- Engadimos as culleradas de aceite e continuamos amasando
- Cando adquira certa consistencia, deixamos repousar a masa durante 20 minutos.
Elaboración da pizza:
- Nunha superficie plana, poñemos a masa sobre papel vexetal e engadimos un chisco de fariña.
- Estiramos a masa e dámoslle forma.
- Engadimos todos os ingredientes a excepción da rúcula e, de último, o queixo mozarella.
- Introducimos no forno durante 10-15 minutos
- Cando a quitemos, engadimos por riba a rúcula e… listo!
¡Esperamos que vos guste moito e agardamos os vosos comentarios!