Xabi ten 4 anos, un día os doutores descubriron que a glucosa que corría polo seu sangue non chegaba ás células, por iso estaba maliño de vez en cando. Os alimentos, dentro do seu corpo, se transformaban para viaxar cada un ó seu lugar, o azucre ficaba no fluxo sanguíneo xa que atopaba as portas das células pechadas. Alí non abría ninguén…
Pero… por que? O seu páncreas non ía como tiña que ir… non fabricaba insulina.
Hoxe en día a cura para ese problema estase a investigar, así que tiveron que axudarlle a fabricar algo que se encargara de abrir esas portas.
Coa bomba de insulina fixada ó seu corpo controla os niveis de glucosa en sangue para saber canta insulina toca inxectar.
Este problema que ten Xabi chámase Diabetes tipo 1, non se pode previr, e hai que aprender a vivir con el. Para os pais pode chegar a ser abafador, por iso hai que ter presentes axudas e apoios que proporcionen alento tanto ós pais e nais coma ós nen@s.
Ata que a ciencia atope un método para previr, curar ou vaia mellorando os que hai na actualidade, a familia pode contribuír a que os cativos poidan medrar da forma máis saudable posible, que saiban xestionar os niveis de glucosa levando controis ó longo do día, facendo exercicio para queimar enerxía, etc…
Estes nenos tan pequeniños necesitan ter cerca unha persoa de apoio que vixíe que todo vai ben. No caso de Xabi temos a Carmen, a quen tivemos o gusto de coñecer na hora do comedor, e ós mestres que lle dan clase. Mentres vai ó colexio e ó comedor, eles están pendentes dos controis e da procura de dar normalidade a esa situación especial, para que poida desfrutar, igual que calquera outro rapaz, das relacións cos demáis e do aprendizaxe na escola.
Decidiuse adicar un día a esta enfermidade para cocienciar e visibilizar un problema que a día de hoxe, aínda que hai moitos avances, a ciencia non atopou unha cura e a diabetes infantil aumenta. Existen asociacións como Anedia en Galicia e Diabetes Cero a nivel nacional, que non cesan na búsqueda de progresos e axudas que fagan aportacións á investigación. Todos eles son nais e pais que non se renden para que os seus fillos crezan cunha mellor calidade de vida.
Iria, a nai de Xabi, é unha das persoas que colaboran con Anedia, a Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia, nesta loita por unha búsqueda de solucións. Ela foi facer unha visita á escola do seu fillo invitada por Arume, para contar ós rapaces as particularidades do que lle pasa a nen@s como Xabi, como conviven coa deabetes cada día, e o que significa para a súa vida.
Se queredes sensibilizárvos co tema, podedes atopar moitísima información sobre: a diabetes nos colexios, recursos, documentación e artigos etc… na web da asociación: ANEDIA GALICIA e na páxina de DIABETES CERO, o movemento de nais e pais que loitan pola investigación e que tod@s debemos apoiar.
Iria contoulles ós cativos os coidados que ten que ter durante o día e a noite, como funciona o aparatiño que leva Xabi, como mide os hidratos de carbono das racións que inxire, e á hora de comer, levando eses controis moi ben feitos, non ten que facer comidas diferentes ó resto de nen@s do comedor. Levoulles ata un conto que fala sobre a diabetes nos nen@s.
Tódolos rapaces prestaron moita atención ás explicacións de Iria, seguiron a charla cun interés marabilloso e ó final volcáronse en arroupar a Xabi, representante de todos eses cativos con diabetes, por ser un supercampión. Guerreiros !
Logo foron comer todos xuntos e compartiron con Iria un rato moi agradable mentres contaba anécdotas e facía esa chamada de esperanza a que algún día os avances fagan posible unha cura.
Ás nais e ós pais, que como Iria, fixeron esta labor o Día Mundial da Diabetes, achegándose ós comedores de Arume para tratar este tema cos máis pequenos e difundir unha mensaxe educativa sobre hábitos de alimentación e de exercicio… GRAZAS polo voso tempo e xenerosidade.
O círculo do DÍA MUNDIAL DA DIABETES representa a vida e a saúde, e a cor azul… o ceo que nos une. A mensaxe dese día é moi clara:
Actuar para cambiar a vida hoxe
Actuar para cambiar o mundo mañá