Este mes adicamos as entradas do noso blogue ás actividades que fixeron os rapaces cos monitores, un complemento moi importante para os nen@s no tempo do comedor, onde aprenden moitísimas cousas dun xeito lúdico.
O cerebro dun cativo ten unha capacidade infinita para asimilar experiencias sociais, por iso non podíamos deixar pasar a ocasión de adicar os obradoiros de fin deste mes ó día escolar da paz e da non violencia.
E… como temos que fomentar a cultura da paz? Pois cremos que desde nós mesmos, transmitindo unha sensación pracenteira ó estar cos amig@s, coa familia, no traballo, na escola. A paz é invisible, pero necesaria como o aire que respiramos. Aparece nun abrazo, nun xesto, nunha mirada ou nunha palabra. Confórmase con pouca cousa para existir, só hai que coidala construindo xuntos cousas como por exemplo:
Non facer o que cres que non está ben.
Pedir axuda para encontrala.
Dicir sempre o que sentes desde o respeto.
Tratar de entender as diferenzas como valores non como elementos discriminatorios, na diversidade está a riqueza das relacións.
Cando teñas un desgusto con alguén, tenta atopar unha solución.
…
A nosa alternativa persoal ó conflicto ten que ser iso, a tranquilidade, poñerse no lugar dos demáis, seguridade, e ter a PAZ como amiga compañeira.
Mirade que cousas máis fermosas fixeron os nen@s para traballar por onde hai que camiñar para conseguilo… mensaxes en barquiños de papel que ademais de chergarnos xa ó corazón, desexamos que viaxen con eles para sempre.
(…podedes pinchar enriba delas para miralas máis grandes…)