O pasado martes 4 de abril celebramos no CEIP Novo Arteixo unha actividade moi especial. Os nosos cociñeiros ensináronlle aos máis pequenos cómo se prepara unha das súas receitas favoritas nun show cooking moi especial. Os nenos e nenas vestíronse de chefs e cociñaron unhas riquísimas pizzas, que despois levaron para cear nas súas casas.
Divididos en mesas por idades, cada neno contaba cos ingredientes necesarios para a súa elaboración: fariña e aceite para a masa, queixo, tomate, champiñóns, xamón e bacon. Así, cada rapaz preparou unha pizza ao seu gusto, coa axuda dos cociñeiros de Arume. Primeiro, comezaron ensinándolles cómo preparar a base da pizza, e despois estiveron amasando. Posteriormente tiveron que engadir todos os ingredientes e, para rematar, leváronse todas as pizzas ao forno, cun número para identificar a de cada neno.
Fomentar o amor pola cociña
Este primeiro Show Cooking que celebramos no CEIP Novo Arteixo estivo cheo de anécdotas, risas e diversión. Dende Arume, tratamos de que os pequenos e pequenas se acheguen ao mundo da cociña dun xeito diferente e orixinal, que resulte atractivo para eles. Así, vestímolos de chefs e ensinámoslles a preparar unha das súas comidas favoritas.
Iniciativas como esta son moi importantes poñer en valor o traballo e a labor que hai detrás de cada prato. Ademais, son claves para que os nenos e nenas tomen conciencia de que comer san e rico é posible con pratos tan atractivos como a pizza.
Esperamos poder repetir experiencias como esta nas que, ademais, descubrimos que hai moitos nenos que teñen un futuro prometedor como cociñeiros 🙂
Algúns medios como La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego fixéronse eco do show cooking e publicaron a noticia.
Deixámosvos cunhas fotiños dos pequenos chefs preparando as súas creacións no CEIP Novo Arteixo.