O peixe é un deses alimentos que se lle resisten aos máis pequenos. Por iso, unha boa presentación e adaptación aos padais infantís son as claves para que o coman sen problema. O salmón, en concreto, é un tipo de peixe que adoita gustar xa que o seu sabor é moi lixeiro.
No post anterior propoñíamos unha receita de pizza de verduras, pero hoxe o protagonista é o peixe. Deixámosvos cunha receita moi sinxela e moi rica, salmón á salsa de mostaza e mel!
Os ingredientes son:
- 2 lombos de salmón
- 1 cullerada sopeira de aceite de
oliva - 1 cullerada sopeira de mostaza
- 1 cullerada sopeira de mel
- 1 cullerada sopeira de zume de
limón - 1 cullerada de pel de limón rallada
- Eneldo
- Sal
- Pementa
Elaboración:
- Nun recipiente, poñemos todos os ingredientes do marinado: aceite, mostaza, mel, zume e ralladura de limón, e eneldo.
- Batémolo todo enerxicamente cunha batidora ou garfo
- Poñemos os lombos de salmón nunha fonte para o forno, engadimos a sal e a pementa e cubrímolos co marinado. Deixamos repousar durante 30 minutos.
- Poñémolo no forno a 180º durante 10 – 12 minutos. E listo para comer!
Esperamos que o gocedes moito, tanto nenos como adultos, e que nos contedes o resultado!