O comedor escolar do Colexio Maristas de Vigo foi o escenario dun xantar moi especial. Trátase do remate do concurso “Receitas con historia”, un encontro interxeracional onde netos e avós degustaron as receitas gañadoras. A competición, promovida por Arume, consistiu na creación entre pequenos e maiores de receitas tradicionais da familia. Esta acción permitiu unir anécdotas e relatos coas receitas de cociña que os acompañan, á vez que se estreitan os lazos entre ambas xeracións.
De todas as receitas do concurso, escolléronse as gañadoras, e invitamos a comer a todos os avós e avoas participantes. Así, o menú estivo composto por sopa da avoa de primeiro, polo ao chocolate con patacas á importancia de segundo e mousse de limón de sobremesa. Tratábase de poñer en valor e transmitir de xeración en xeración estas receitas tradicionais. E, ademais, de facer aos maiores ti partícipes das actividades educativas no comedor escolar.
En Arume estamos encantados de promover iniciativas como esta, que sempre sacan sorrisos e serven para compartir momentos únicos. En Vigo, ademais, recibimos cerca de 60 receitas para o concurso, polo que a decisión foi moi complicada.
Esperamos que os comensais gozaran deste xantar tan especial. E tamén poder repetir esta iniciativa en moitos outros colexios!