O vindeiro sábado 27 de maio será o Día Nacional do Celíaco, e en Arume non perderemos a oportunidade de celebralo. Así, repartiremos entre todos os comensais dos colexios galegos nos que estamos presentes, uns menús moi especiais.
Un menú moi especial
Serán pratos adaptados, como os que cada día facemos para os nenos e nenas que sofren algún tipo de intolerancia ou alerxia alimenticia. En concreto, faremos un menú especial para celíacos, sen glute, que repartiremos entre todos os nenos e nenas. De primeiro prato, serviremos unha ensalada tropical; de segundo, paella de verduras e ave e, de sobremesa, iogur.
Con esta iniciativa, chamada “Hoxe todos comemos o mesmo” queremos promover a seguridade alimentaria pola que traballamos cada día, ofrecendo menús específicos e adaptados a todas as necesidades e circunstancias. E, ademais, facer visible que unha intolerancia ao glute só diferenza aos nenos no tipo de comidas e en nada máis. Por iso, no día do Celíaco, seremos todos iguais. Comeremos todos o mesmo.
En definitiva, celebraremos o Día Nacional do Celíaco ofrecendo a todos os nenos e nenas menús adaptados. Trátase de demostrar que sen glute as comidas son igualmente ricas. E de concienciar sobre a importancia da seguridade alimentaria en casos de intolerancia e/ ou alerxia.
Feliz día do Celíaco a todos e todas!