O vindeiro 14 de novembro é o Día Internacional da Diabetes. Como non podía ser doutro xeito, dende Arume queremos recalcar o papel da alimentación na súa prevención e tratamento. En colaboración con ANEDIA (Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia), levaremos a cabo unha campaña para facer visible a necesidade de que nenos e nenas leven unha dieta adecuada. Clave para que, o día de mañán, sexan adultos sanos.
A diabetes é unha enfermedade que, cada vez máis, se extende entre os máis pequenos. En España, cada ano se diagnostican cerca de 1.100 casos de diabetes infantil. A pesar de que a diabetes tipo 1 (a común entre os nenos) non se pode prever, unha boa alimentación contribúe á súa mellora. No caso do tipo de diabetes dos adultos, tamén á súa prevención.
É vital que todos tomemos conciencia da importancia dunha alimentación saudable. Neste sentido, ANEDIA desempeña un papel fundamental: reivindica, entre outras, a asistencia médica especializada, a necesaria aposta pola investigación neste campo, e, sobre todo, a educación como medio para a súa prevención e tratamento.
Así, en colaboración con ANEDIA e baixo o lema “Azúcar sí, pero… con sentidiño” desenvolveremos unha campaña de sensibilización sobre esta enfermidade. Achegarémonos a diferentes colexios galegos para tratar de concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de que manteñan unha alimentación saudable, tanto para prever enfermidades como a diabetes como para combatila.
E nisto traballamos desde Arume no noso día a día. Co asesoramento e control de ANEDIA, nese día especial visibilizaremos ante todo o cole os controis que diariamente pasan estes pratos. Os nenos con diabetes deben comer de maneira estrita, e os alimentos que consomen deben ter un peso determinado. Arume adapta diariamente o mesmo menú do comedor escolar aos casos concretos, de modo que todos os nenos poidan comer o mesmo. Con esta acción, queremos pór en valor esta práctica para que todos sexan conscientes de que, no fondo, todo esforzo ten a súa recompensa.