Hoxe queremos falarvos de Intercentos, un festival no que ARUME colabora de forma activa desde hai tempo. O festival Intercentros desenvólveo a Asociación Cultural Festival Intercentros.
Esta asociación nace como actividade no ano 2002, no cole Santo Domingo da Coruña, como unha prolongación do traballo que viñan realizando cos mozos. Ao ano seguinte, no 2003, desenvolveron o primeiro Festival Intercentros para A Coruña, no que participaron catro colexios. A partir desa data, a súa actividade foi crecendo até converterse nun referente na cidade e máis aló da mesma.
Pero que persegue o festival? O fin último é educar en valores e axudar a quen máis o necesita. Educación e solidariedade unidas. Para este curso o proxecto será a favor da Asociación Española Contra O Cancro e do Banco De Alimentos Rías Altas.
Se estades interesados en coñecer estas actividades, compartimos a axenda do festival:
Exposición
Xoves 23 de marzo, 18:00h. Afundación (A Coruña). Inauguración da exposición “Tus sueños, nuestra alegría”, coa participación de todas as institucións benéficas destes dezaseis anos.
Macro Gala
Venres 31 de marzo no Coliseum de A Coruña, a partir das 17:00h, macro gala solidaria. Podes comprar as entradas anticipadas no kiosko da Pza. de Ourense de A Coruña ou na web ticketea.com.
Solidariedade
Macro Gala: A integridade da entrada irá para a Asociación Española Contra O Cancro e a recolección de alimento será para o Banco De Alimentos Rías Altas. Podes colaborar asistindo ao evento.