SERVIZOS

MÉTODOS DE PRODUCCIÓN ELABORACION NAS NOSAS COCIÑAS CENTRAIS

ELABORACIÓN NAS PROPIAS INSTALACIÓNS DO CLIENTE

Cada día entramos nas cociñas dos nosos clientes para cociñar na súa casa e como na casa. Unha elaboración tradicional, que coida todos os detalles e que nos permite ofrecer pratos caseiros, con todo o sabor de Galicia, directos dos fogóns á mesa.

 

ELABORACION NAS NOSAS COCIÑAS CENTRAIS

Nosas cociñas centrais dan servizo a aqueles clientes que non dispoñen de cociña nas súas instalacións. Unha elaboración e entrega diaria de menús, realizados coa mesma paixón e coidado que temos en calquera das nosas cociñas e que nos permite abastecer a clientes de toda a xeografía galega.

Tanto as nosas cociñas centrais como as propias de cada cliente cumpren con todas as normativas sanitarias e de hixiene esixidas que nos permiten garantir a seguridade alimentaria de todos os nosos menús. Proba diso son as certificacións ISO 9001, 14001 e 22000 de que dispoñen as nosas cociñas.

 

SERVIZOS POR COLECTIVIDADES

Achegamos profesionalidade, coñecemento e preocupación polo trato ás persoas. Atendemos en todo o territorio galego a restauración de colectivos como colexios, hospitais, residencias ou empresas.


 

EDUCACIÓN

EMPRESAS

MAIORES

ALGÚNS DATOS SOBRE ARUME

  • 8500
    Comensais diarios
  • 230
    Centros
  • 1200
    Profesionais ao seu servizo
  • 4
    Provincias galegas