OS NOSOS VALORES
PRODUTO GALEGO
Utilizar os mellores produtos da nosa terra permítenos elaborar menús sans e apetitosos buscando o máximo respecto pola gastronomía local.
INNOVACIÓN
Integrada no noso ADN e perfectamente combinada coa tradición, permítenos ofrecer un servizo único e diferente.
TRADICIÓN
Como empresa galega, coñecemos os gustos da nosa terra e por iso, fomentamos a ampla, variada e suculenta cultura gastronómica que posuímos.
PROXIMIDADE
Coñecer a trazabilidad do produto desde a orixe ata o final, é fundamental para ter un estrito control de calidade. A proximidade favorece o resultado do servizo, axuda aos produtores galegos e contribúe á mellora do medioambiente.
Rigor
En nós atopará unha dedicación completa en cada un dos servizos que ofrecemos, constancia e esixencia por conseguir a máxima satisfacción dos nosos clientes e dos seus comensais.
CALIDADE
En todos os sentidos, a calidade é unha máxima que buscamos de forma permanente.
A ORIXE DE ARUME
Arume é unha empresa de restauración de colectivos dedicada á elaboración de produtos alimenticios equilibrados, sans e moi saborosos. A nosa orixe e vocación é o resultado de moitos anos dedicados ao mundo da restauración de colectivos, elaborando menús para todo tipo de comensais de diferentes ámbitos: escolas, hospitais, empresas ou residencias da terceira idade. Gústanos alimentar ás persoas e buscamos facelo en calquera etapa da súa vida na que estas se poidan atopar.
ÚLTIMAS NOVAS
Se queres coñecer máis sobre as nosas novidades e descubrir todo o que facemos día a día, entra aquí e mantente ao tanto das nosas noticias.