Cada día do ano e sen descanso, as irmás de “La Caridad de San Vicente de Paúl” abren ao mediodía o comedor social “La Esperanza” en Vigo. Cun sorriso, van recibindo a cada unha das persoas que se achegan a tomar algo co que encher o estómago.
De luns a sábado, serven pratos quentes e os domingos e festivos prepáranse para repartir bolsas con bocadillos, bebidas e froita. Xunto a elas, máis de 40 voluntarios diarios que, por quendas, dan o mellor de si desinteresadamente.
Atenden aproximadamente 130 comensais diarios, o que supoñe alimentar preto de 48.000
bocas ao ano. Unha labor silenciosa, que ofrecen sen a maior pretensión que axudar ao próximo. Ademais, complementan este servizo coa posibilidade de darse unha ducha ou recibir roupa. Un papel tan importante para a comunidade que xa en 2011 recibiron o premio de Galegas Destacadas.
Arume quere apoiar este tipo de iniciativas e por iso o xoves 6 de outubro realizamos unha doazón de 120kg de embutido cortado. Na fotografía podedes ver á encargada do comedor, Sor María Ángeles Oviedo, xunto ao xerente de Arume, Carlos Varela.