Aínda que vos sone a 007 non, non estamos a falar de James Bond, senon duns personaxes non menos atrevidos pero máis da natureza. Comezamos…
Cremos que un conto é a mellor ferramenta para que un nen@ entenda ás relaciósn das persoas co mundo, un medio de aprendizaxe moi especial., por iso non dudamos en que Masha e o seu oso tiñan que ser os que acompañaran ós rapaces este mes por… Rusia.
Desde Moscova ata San Petesbugo, abrigadiños cos seus manguitos e o seu Chapka, atravesando de Europa a Asia e de volta polos Montes Urales, parando a contemplar a beleza do lago máis grande do mundo, o Mar Caspio, onde tivemos a sorte de ver unha das focas que viven no seu interior, que sorte tivemos! Voltamos polo sendero do Lago Baikal, menos mal que íamos ben preparados para a neve, Siberia no inverno é puro xeo., tan só hai que ver o abrigados que ían os monitores …
En Rusia o comezo da escola ten un significado moi fermoso, para eles implica a chegada de novas amizades que se incorporarán ás súas vidas ó longo do curso.
Ó atravesar polo Noroeste de Siberia, as temperaturas son de case 50º baixo cero, aínda así hai xente que habita nese lugar, son os ‘pastores do fin do mundo’. Este curioso pobo nómada é o último representante dun estilo de pastoreo único, rebaños de renos domésticos acompáñanos mentres migran periódicamente pola península do Yamal, nome que lle deron os Nénets a esta terra, e que na lingua indíxena quere dicir ‘fin do mundo’. Algúns viven na Tundra ou na Taiga, os bosques de conífieras de Siberia, o seu fogar. Non vos parece incrible que haxa xente que siga conservando un modo de vida tan antigo? Verdadeiramente curioso…
E como non… se falamos de Rusia, falamos dun símbolo desa terra como é a Matrioshka. De todos é coñecida esa boneca que dentro leva outra, e esta outra máis e así sucesivamente ata a máis pequeniña, transmitindo o importante que é a muller e a maternidade. Ademais de suxerir unha mensaxe de vida, de amor e de amizade, entendendo tamén o importante que é o interior de cada persoa. Polos debuxos da roupa, é de supoñer tamén, que son cores e roupas que representan os vestidos típicos das mulleres de alí.
Tódalas bonecas dunha mesma Matrioska fanse co mesmo tronco, máis alá do simbólico significado de que todas saian do mesma madeira xa que representan a descendencia, é porque unha das lendas que falan sobre a orixe destas bonecas di que o carpinteiro que fixo a primeira o fixo dun tronco que atopou baixo a neve, e por petición de cada unha que facía, ía tallando novas máis pequenas, xa que podía falar con elas! Algunhas son auténticas obras mestras, consideradas xoguetes de autor, ata hai un museo adicado a elas!
Os nen@s divertíronse nesta actividade moitísimo, nalgúns comedores aproveitaron os días de entroido para amosar o seu disfrace de fabricación propia igualiño a unha Matrioska. Mostrámosvos unhas imaxes:
E por suposto non podía faltar unha homenaxe á gastronomía rusa cun menú propio dun tsar de Rusia:
Sopa SCHI, unha sopa que aprecian moito na cociña rusa, cando comezou a facerse popular era un prato tanto da nobreza como da xente da pé, variaba un pouquiño a composición por este motivo, a sopa que tomaron os rapaces nos comedores de Arume levaba:
Repolo, berenxena, pescada, pataca, cenoria, allo, cebola, caldo polo, loureiro.
Strogonoff , unha receita tradicional rusa que pode facerse de varias formas, nós a fixemos con tenreira.
Tenreira, cogumelo laminado, bacon, aceite, cebola, allo e unhas patacas panadeira.
Masha e máis o oso poden estar ben orgullosos destes axudantes galegos que a partir de agora saben un pouquiño máis da cultura rusa. Creo que ata botaron algún baile ruso pero ían tan veloces que a cámara non puido conxelar a imaxe 😉