Intercentros é unha actividade educativa, musical e solidaria que naceu no 2002 no colexio coruñés Santo Domingo. Como obxectivo principal, queríase ofrecer unha actividade alternativa, que conectase co mundo e os valores dos nenos, unindo así moitos centros educativos da cidade. A música foi o vehículo que se empregou para chegar as diferentes xeracións que participaban nesta experiencia.
Este festival educativo continuou crecendo até converterse nun referente galego. Anualmente o proxecto clausúrase cunha gala benéfica que convoca a miles de nenos e ás súas familias. Nesta edición, chamada “Tus sueños, nuestra alegría”, as achegas recibidas irán parar a dúas asociacións: a “Asociación Española Contra el Cáncer” e o “Banco de Alimentos Rías Altas”.
Para nós é un orgullo poder participar como colaboradores deste proxecto solidario, achegando o noso gran de area. Se queredes coñecer máis sobre o Festival Intercentros podedes visitar a súa páxina web na seguinte ligazón: https://festivalintercentros.org/