Ummmm… VERDURAS!!

En Arume seguemos crendo cegamente no lema de que “A verdura con amor entra” así que non dubidamos en facer algo especial desde o comedor para despedir este segundo trimestre, algo onde os rapaces puideran implicarse dunha forma divertida, e pensamos… Que tal converterse en verdura por uns días? Si si…! ser un deses vexetais e tratar de entender que esas verduriñas existen para nós, para crecer fortes e ter boa saúde.

E así foi como xurdiu o conto “Ummmm Verduras!” 

 

  arume_ecológico

Érase unha vez un montón de verduras que atopábanse tristeiras porque non caían ben a tódolos nenxs, entre elas víanse simpáticas e cun aspecto boísimo e apetecible pero non alcanzaban entender cal era o motivo polo que algúns rapaces non querían contar con elas para xantar e as deixaban no prato mortas de risa.

Un día ocorréuselles chamar ó mago da cociña Karlos Arguiñano quen coa súa espumadeira máxica conseguía facer receitas saborosas e irresistibles a calquera boquiña. Decidiu axudar á cuadrilla de vexetais e hortalizas inquietas porque os rapaces foran quedar sen as vitaminas e propiedades tan saudables que tiñan para eles.

Karlos Arguiñano cos seus feitizos cociñeiros soubo como inspirar ós rapaces a probar eses pratos onde as verduriñas tiñan presenza, coa súa maneira de cociñar e explicando ós cativos todo o que se estaban a perder se o deixaban no prato ademais de deixar todos eses vexetais tristóns.

Este conto converteuse no seu conto, cada un fixo o papel dunha hortaliza e en cada cole tivemos un Karlos Arguiñano particular e peculiar. O fixeron de película!!! Moi ben esas representacións !!!

Asociando momentos especiais coa comida agardamos que os lembren como alegres e pracenteiros e saiban aproveitalos cando teñan diante un prato de verduras, cando perciban o seu aroma, cando saboreen eses alimentos… Lembrar emocións positivas… que iso sabemos facelo todos moi ben!!

 

Ay!!! As cancións de Ola Don alliño ou Acebola Ye yé foron das mais aplaudidas e bailadas por estes verduriñxs!!!

Chega o final de “Unha doce historia”

Hoxe entregaranse os premios do primeiro concurso intercolexial “Unha doce historia”, promovido por Arume e FANPA, que tivo lugar durante o mes de marzo en 18 colexios de Pontevedra.

Os pequenos participantes, en grupos de dez, tiveron que cociñar e decorar galletas coa temática dun conto elixido por eles. Cada equipo tivo unha hora para poñer en marcha a súa creatividade, á vez que aprenderon valores coma o traballo en equipo e o respecto.

O acto terá lugar mañá mércores 10 de maio entre las 19:30 e as 20:30 horas, no salón de actos do Pazo da Cultura. Estarán presentes a concelleira de Educación de Pontevedra, Carmen Fouces, e o xerente de Arume, Carlos Varela.

Os asistentes –nais, pais, alumnos e profesionais de Arume– visualizarán unha curtametraxe sobre o transcurso da competición, antes do anuncio da escola gañadora.

¡Moita sorte a todos!

 

INTERCENTROS: moito máis que un festival

Hoxe queremos falarvos de Intercentos, un festival no que ARUME colabora de forma activa desde hai tempo. O festival Intercentros desenvólveo a Asociación Cultural Festival Intercentros. 

Esta asociación nace como actividade no ano 2002, no cole Santo Domingo da Coruña, como unha prolongación do traballo que viñan realizando cos mozos. Ao ano seguinte, no 2003, desenvolveron o primeiro Festival Intercentros para A Coruña, no que participaron catro colexios. A partir desa data, a súa actividade foi crecendo até converterse nun referente na cidade e máis aló da mesma. 

Pero que persegue o festival? O fin último é educar en valores e axudar a quen máis o necesita. Educación e solidariedade unidas. Para este curso o proxecto será a favor da Asociación Española Contra O Cancro e do Banco De Alimentos Rías Altas.

Se estades interesados en coñecer estas actividades, compartimos a axenda do festival:

Exposición
Xoves 23 de marzo, 18:00h. Afundación (A Coruña). Inauguración da exposición “Tus sueños, nuestra alegría”, coa participación de todas as institucións benéficas destes dezaseis anos.

Macro Gala
Venres 31 de marzo no Coliseum de A Coruña, a partir das 17:00h, macro gala solidaria. Podes comprar as entradas anticipadas no kiosko da Pza. de Ourense de A Coruña ou na web ticketea.com.


Solidariedade
Macro Gala: A integridade da entrada irá para a Asociación Española Contra O Cancro e a recolección de alimento será para o Banco De Alimentos Rías Altas. Podes colaborar asistindo ao evento.

© Fotografía propiedade do Festival Intercentros, tomada do seu flickr con fins puramente informativos. Todos os dereitos reservados.

Da granxa ó cole con Xanceda

Recentemente ARUME pechou unha colaboración coa Casa Grande de Xanceda, granxa que produce lácteos ecolóxicos. Este acordo vainos permitir achegar un día aos coles os iogures e bebíbeis ecolóxicos producidos pola granxa coruñesa. Ademais, Xanceda achegará aos pequenos divertidas fichas para colorear e recortar. A protagonista, como non, será unha vaquiña que virá con información sobre os diferentes aspectos relacionados cunha granxa e os produtos naturais.

Realizaranse varias xornadas especiais de Xanceda ao longo de novembro. Nestas, un representante da granxa achegarase a diferentes coles para falar do seu interesante proxecto de Granxa Ecolóxica. A primeira a celebramos no CEIP Seis do Nadal en Vigo (en colaboración con FOANPA) e os escolares quedaron encantados!

Este tipo de colaboracións son moi importantes para ARUME porque nos permite apoiar empresas de alimentación locais. Ademais, poñemos a disposición dos colexios novos e diferentes conceptos

da granxa ó cole
Ficha “Da Granxa Ó Cole”

alimenticios. Neste caso concreto, ARUME achega aos máis pequenos un produto que non só brilla por ser ecolóxico, senón por ser un produto local elaborado na nosa terra.

Este último concepto é un habitual nos menús de ARUME. Sempre que sexa posible, primamos 100% a proximidade dos produtos. Cremos firmemente na calidade gastronómica da nosa terra. Por iso o produto galego é o protagonista dos menús dos pequenos. Neste caso concreto, xunto a Xanceda, mostramos como estes alimentos ecolóxicos poden ter perfecta cabida nos nosos menús.

Sobre a Casa Grande de Xanceda

A Casa Grande de Xanceda é unha granxa familiar situada en Mesía, A Coruña. Nela producen leite e produtos lácteos. Teñen 350 vacas que pasean e pacen por 200 hectáreas de prados e bosques. As súas vacas son, como eles mesmos din, vacas ecolóxicas e felices.

Actualmente, son os segundos maiores produtores ecolóxicos de España. Despois de moitos anos producindo leite, en 2007 construíron o seu primeiro taller de iogur, como non, co leite fresco e ecolóxico da súa propia granxa. Desta forma controlan todo o proceso de produción, dende a herba dos pastos até o produto envasado para tenda.