Queixo de tetilla

O queixo tetilla elabórase a partir do leite de vaca das razas frisoa, loura galega ou pardo alpina e é un dos produtos galegos protexidos pola DOP (Denominación de Orixe Protexida). Aínda que antigamente elaborábase no sur da Coruña e o norte de Pontevedra, actualmente a súa produción esténdese en todo o territorio galego, coexistindo a elaboración artesanal coa industrial. Tanto a produción do leite como a elaboración e maduración dos queixos, deben realizarse dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia para obter a DOP.

Mel de Galicia

O mel é unha fonte de nutrientes e de enerxía. Trátase dunha sustancia de sabor doce, producida polas abellas a partir do néctar das flores. As abellas colleitan o néctar das flores próximas á súa colmea e transfórmano mesturándoo con encimas propias. Esta mestura é almacenada nos panales (estruturas de cera formada por pequenos ocos hexagonales construídos dentro da colmea), onde despois dun tempo, obtense o mel.

Capón de Vilalba

O capón de Vilalba, poboación situada na provincia de Lugo (Galicia), é famoso en toda España e fóra das nosas fronteiras. Trátase dun galo ao que se castra cirurxicamente cando ten aproximadamente de 1 a 1,5 quilos de peso. Está criado ao aire libre, en prados dotados de matogueiras, árbores e espazo suficiente para que poida moverse con liberdade, imprescindible para o correcto desenvolvemento da súa musculatura.