UN SAMAÍN SABOROSO
Outro Samaín !! Nós satisfeitos de festexalo convosco !!
Nos comedores de Arume, tanto os nenos como os monitores, deixaron voar a súa imaxinación para tal festa. Ides quedar de pedra porque o martes… despedimos o verán (si, non toleamos, seguide lendo).
E para elo, mirade a creatividade que ten o noso equipo. Parabéns a eses monitores que saben facer de todo!
A historia conta que as persoas que poboaron Galicia fai miles de anos, é dicir… os nosos antepasados celtas, o último día de outubro festexaban o cambio estacional.
Pero isto… que soa bonito e sinxelo non é tanto así. A noite do 31 de outubro ábrese unha porta entre dous mundos e os seres que habitan no aire poden camiñar entre nós.
Fadas…. trasgos… seres cunha maxia especial que definen o noso destino, que non pensan como os homes, pero coa súa inspiración e o seu poder son capaces de ser encantadores e ó minuto seguinte aterradores.
Esa noite… hai que pechar ben as portas e as xanelas !!
O pobo celta deixounos esta tradición que marcaba a transición do fin do verán á chegada do inverno. Os druídas, que eran a maior influencia de poder dos celtas, saían esa noite na busca de bagas de morcego para facer as súas apócemas e ungüentos e amañaban unha serie de ritos para venerar ós seus antepasados.
Recollían ramaxe para prender fogueiras para escorrentar ós malos espíritos, que logo empregaban para as lareiras o resto do ano. Todo cheo de fogueiras e cabazas.
Empregaban as cabazas para alumear os camiños, baleiras cunha mecha no interior. E dade grazas! Antigamente no lugar das cabazas había… caveiras dos inimigos mortos nas batallas !
E antes dunha longa noite… hai que poñer todo o empeño polo día en adestrar a braveza! Para que os nenos repuxesen dabondo as enerxías gastadas nas clases, en Arume preparamos un menú dos que máis lles gusta ós rapaces: espaguetes con salsa de tomate, ensalada e churrasquiño. Non ía ser todo medo, a xantar ben para unha noite de medo e arrepío!
Pero vede que toucados levaban algúns rapaces no colexio San Francisco Xavier de A Coruña!!
Admirade o gran tesouro da infancia…
Os colexios de Vigo non quedaron atrás…
Uuuuuhhhh non sei que opinades… pero non semella que teñan moito medo estes cativos… comprobade que non fixeran migas cun trasgo ou elfo a noite do martes… capaces son!