QUEDA PROHIBIDO

A cociñeira da casa onde servía Estrella gardaba celosamente a receita dos pratos que facía, non había forma de obter unha pistiña de ningún xeito… pero Estrella pensaba que aqueles ‘fritos de ovos’ non eran deste mundo. Despois de anos de indagacións… conseguiu a receita! E agora Xoel, o seu neto, e toda a familia adora eses fritos!

Esta é unha das historias que hai detrás de cada receita que os avós e as avoas dos nenxs que acoden ós comedores de Arume quixeron compartir con nós dunha forma tan especial ó longo deste curso.

Mª del Pilar ben sabe que cando a carne escaseaba na casa, ben bo estaba o ‘caldo de bolos de fariña de millo’ . Ana Mª quere lembrar o gusto tan propio que tiña o seu pai cando facía ‘paella’ xuntándose os domingos en familia. A Samuel encántalle relamber a culler e a pota dos restos de chocolate e crema que quedan despois de facer a ‘torta da avoa’ que fai Pilar. Concepción quedou conquistada polo ‘bacallau ó forno’ que comeu en Portugal e pediu a receita que cos anos foi variando ó seu xeito.

Gustounos moitísimo saber que os sábados e domingos aínda son días cheos de espírito familiar. ‘A torta de queixo’ de Azucena, ‘o coello ó salmorejo’ de Ángela, ‘o biscoito de fresas con nata’ de Alicia ou o ‘paté da tía Loli’ que  fai a avoa de Adrián xa que non pode faltar como entrante cando os netos van a súa casa.

Salvador, o xenro da bisavoa Carmen, non deixa de facer a ‘tortilla de Pascua’ que facía a súa sogra e que tanto lle gustaba, é unha forma de respirala cando se xuntan e manter esa lembranza viva.

 

Tantas e tantas cousas levámonos desta experiencia, destes avós e avoas xenerosos e ilusionados con pasar un día no comedor cos seus netos… Ata receitas internacioniais trouxeron! ‘Rahmchnitzel con rosti’, sabedes que é? Wilma coñeceu ó avó de Jorge en Suiza, ela é de Austria e mesturaron dous tradicións neste prato que non deixan de facer cando van a xantar os netos. A avoa de Dulce non esquece unha costume arxentina e uruguaia como é a de xantar ‘ñoquis’ o día vintenove de cada mes para ter sorte e que non falte o dineiriño. Lembrade xa que isto te a súa cousa: sete ñoquis masticando 7 veces e para os máis supersticiosos: mentres os comedes podedes poñer unhas moediñas baixo o prato.

Croquetas únicas… arroz con choupa covertido en fideua por expreso desexo de Nicolás cando tiña dous anos, callos que a nai de Élida cocinaba dunha forma moi especial, xurelos, filloas, garabanzos, ameixas…. Non remataríamos de contar historias.

 

En Arume adicámoslle un espazo a estas xornadas interxeneracionais porque encántanos compartir historias que agora forman parte da nosa, e ademais o momento da comida é estupendo para escoitar relatos que son parte do que somos.

Os avós e avoas teñen sempre un papel moi importante dentro da familia, non só por ser transmisores de costumes, historias, experiencias, sabiduría, bondade etc… senón tamén polo que representan na educación e crianza dos netos, en tempos nos que tanto o home como a muller están incorporados ó mundo laboral fora de casa. Que seríamos sen vós!!

“Receitas con historia” significou ese novo achegamento entre nenxs, avxs e persoas que acompañamos ós rapaces no momento do comedor, algo moi entrañable e fermoso, compartir un ratiño con todos vós.

Catro edicións entrañables que xa gardamos como recordo deste curso. Sempre seredes benvidos ós nosos comedores, así que a preparar moitas receitas para o curso que ven!

 

Este último concurso remata cunha participación histórica, e oxalá o ano que ven se volvan a encher os nosos comedores de historias… de receitas… de avós e avoas !!!

Para nós é moi especial que veñades a xantar cos netos e deixédes un cachiño da vosa historia en Arume.

E como dixo Neruda (en castelán):

“…

Queda prohibido non buscar a felicidade,

non vivir a túa vida cunha actitude positiva,

non pensar que podemos ser mellores,

non sentir que sen ti, este mundo non sería igual”

Grazas a tódolos avós e avoas do mundo !

 

 

 

 

UN LENZO, CORES E UNHA HISTORIA QUE CONTAR

Fai uns meses puxéronnos diante un lenzo feito de terra, ceo, e espazos para estar. Despois de pasar un tempo buscando as cores, os pinceis, e a inspiración… comezamos a pintar…
Cada pincelada de cor e sorrisos que recorreu o lenzo é VOSA.

Aquí tedes o recordo:

Os obradoiros Pedagóxicos foron un éxito entre os rapaces, este circuíto de actividades relacionadas coas froitas e as verduras comezaron cun contacontos:“SOPA VERDE” ideal para todos aqueles que sintades curiosidade polos libros e os contos infantís. A infancia é a etapa da vida na que se forman moitos hábitos, entre eles, os da nutrición. Por iso contos como “SOPA VERDE” son un recurso fiable para motivar ós rapaces a comer variado. Se ledes o conto seguro que moitos de vós sentirédesvos identificados con coelliño, ó que só lle gustaba a cor verde, e por iso non comía cousas que foran doutra cor ata que coñece uns amigos que lle van cambiar os gustos… Sóavos? Cantos perdestes de probar cousas que de maiores encántannos por medo ó descoñecido cando éramos pequenos? Todos fomos un coelliño. O bufo, símbolo da intelixencia e a astucia, é o que fai unha sopa verde pero chea de alimentos que coelliño non probara ata o momento.

A este conto seguiu unha actividade teatral moi simpática titulada “COME VITAMINAS COME CORES” onde a ensinanza que se levan os nenxs é que cada cor representa un beneficio para a saúde

A cor vermella do tomate, a sandía , a fresa, pemento… é moi importante para o corazón.
A cor verde do brócoli, a leituga, chícharo, aguacate, acelga… protéxenos de enfermidades.
A cor branca da cebola, apio, espárrago, melón, plátano… coida o noso sistema nervioso.
A cor laranxa da cabaza, cenoria, mandarina, melocotón… quere dicir protección natural para a pel, ollos e cabelo.
A cor violeta da berenxena, cirola, uva, col, figo… colorea as defensas para o corazón e a memoria.

Ó remate os cativxs prepararon en grupo o que para cada un é un almorzo saudable.

 

No último obradoiro deste circuíto traballaron o mundo das emocións e dos sentimentos inspirándose no libro ilustrado “QUE TAL VEXETAL?”

Neste obradoiro imos traballar o mundo das emocións e dos sentimentos da man do libro ilustrado “Que tal vexetal?”, Os autores deste libro recorreron os mercados de Nueva York na busca de verduras expresivas, cun sinxelo coitelo tallaron e realzaron as expresións con materiais naturais.
Os nenos e nenas puideron facer que froitas como o limón o a laranxa semellen sentir e expresar sensacións de ledicia, pena, dor, anoxo, sorpresa, simpatía, e todo o que se lles pasou pola súa imaxinación inquieta.
Os contos ensinan sen dar leccións, os cativxs aprenden dese xeito da súa propia reflexión… Este libro que fala de sentimentos ten ademais unha mensaxe pedagóxica que anima a comer froitas e verduras ós máis pequenxs.

Para completar a roda de hábitos saudables, na zona ó aire libre os rapaces puideron facer da actividade física un xogo saudable e divertido, inculcándolles ademais dunha alternativa sa, certos valores e normas de conduta.

Xogos de carreiras e movemento.
Voando vou. Xogos de paracaídas
Pequeteca. Xogos para xs máis cativxs

Os Terechocs deixaron a pegada do chocolate alá por onde puideron. A Terra de Arzúa trouxo a Andrea e Pilita mulleres que representan a Mamá Teresa, doces artesáns. Tocando raíces da tradición galega todos os seus doces son elaborados con produtos de primeira calidade, e trouxeron un obradoiro artesán onde puidemos corroborar iso que din de ‘que descubrir o mundo coas súas propias mans é verdade que incrementa os niveis de felicidade e a capacidade de concentración‘. Temos as probas fotográficas. Mamá Teresa pertence á rede de mulleres rurais de Galicia Son de campo que nace para dar visibilidade ó papel da muller artesán da nosa terra, deixando a pegada da paisaxe, os produtos, a súa xente e a súa tradición.

Fernando e o seu movemento ‘haztupandeverdad’ ensinaron ós cativxs a facer pan de verdade! Este movemento que xurdiu na Coruña fai uns anos impulsa o coñecemento científico dunha alimentación saudable. Eles teñen unha proposta moi interesante para concienciar ás persoas de que paga a pena voltar á alimentación de sempre: á natural, ós alimentos que dá a natureza tanto de orixe animal como vexetal. En ‘haztupandeverdad’ ensínante a facer pan como se facía antes da industrialización con todo o xerme e o salvado do gran orixinal. Os nenxs resolveron que facer cun pico de fariña, auga e masa nai mediante a súa propia creatividade, se lles deixamos experimentar coas mans a súa sede de coñecemento crece sen dúbida.

 

Grazas tamén a tódolos nosos provedores que non dubidaron en acompañarnos a tarde do sábado para estar a carón das familias e que puideran coñecer mellor cada proxecto.

Un pracer estar coas familias nun momento diferente ó comedor, unha tarde divertida e cun novo lenzo para enmarcar na historia de ARUME 💚💙💛

 

Ummmm… VERDURAS!!

En Arume seguemos crendo cegamente no lema de que “A verdura con amor entra” así que non dubidamos en facer algo especial desde o comedor para despedir este segundo trimestre, algo onde os rapaces puideran implicarse dunha forma divertida, e pensamos… Que tal converterse en verdura por uns días? Si si…! ser un deses vexetais e tratar de entender que esas verduriñas existen para nós, para crecer fortes e ter boa saúde.

E así foi como xurdiu o conto “Ummmm Verduras!” 

 

  arume_ecológico

Érase unha vez un montón de verduras que atopábanse tristeiras porque non caían ben a tódolos nenxs, entre elas víanse simpáticas e cun aspecto boísimo e apetecible pero non alcanzaban entender cal era o motivo polo que algúns rapaces non querían contar con elas para xantar e as deixaban no prato mortas de risa.

Un día ocorréuselles chamar ó mago da cociña Karlos Arguiñano quen coa súa espumadeira máxica conseguía facer receitas saborosas e irresistibles a calquera boquiña. Decidiu axudar á cuadrilla de vexetais e hortalizas inquietas porque os rapaces foran quedar sen as vitaminas e propiedades tan saudables que tiñan para eles.

Karlos Arguiñano cos seus feitizos cociñeiros soubo como inspirar ós rapaces a probar eses pratos onde as verduriñas tiñan presenza, coa súa maneira de cociñar e explicando ós cativos todo o que se estaban a perder se o deixaban no prato ademais de deixar todos eses vexetais tristóns.

Este conto converteuse no seu conto, cada un fixo o papel dunha hortaliza e en cada cole tivemos un Karlos Arguiñano particular e peculiar. O fixeron de película!!! Moi ben esas representacións !!!

Asociando momentos especiais coa comida agardamos que os lembren como alegres e pracenteiros e saiban aproveitalos cando teñan diante un prato de verduras, cando perciban o seu aroma, cando saboreen eses alimentos… Lembrar emocións positivas… que iso sabemos facelo todos moi ben!!

 

Ay!!! As cancións de Ola Don alliño ou Acebola Ye yé foron das mais aplaudidas e bailadas por estes verduriñxs!!!

Avoas… tendes poderes?

“Cada tic tac é un segundo da vida que pasa, escapa e non se repite. E hai nela tanta intensidade, tanto interese que o problema é soamente sabela vivir. Que cada un o resolva como poida”              __________Frida Kalo

Cada muller que nomeamos que viviu a súa vida como ela quiso e converteuse en símbolo dun cambio, nun mensaxe a recordar, nunha muller valente… estamos a definir a esencia do oito de marzo, un día para lembrarnos a cada un de nós o que temos que cambiar. O proxecto educativo esta primeira semana xirou arredor da muller e a igualdade.

Adicamos as mañás de madruga á lectura “ Contos de boas noites para nenas rebeldes” que relata historias de mulleres valentes que axudaron a cambiar o mundo. Nomes como Elizabeth I, Coco Chanel, Marie Curie, Frida Khalo, Serena Williams, Nina Simone e outras mulleres extraordinarias que inspiran a facer dun soño unha realidade.

Arume_proyeducativo Arume_proyeducativo Arume_proyeducativo Arume_proyeducativo Arume_proyeducativo

E no comedor dedicámola actividade ás superavoas!!

E que os avós, aínda que sempre xogaron un papel moi importante nas vidas dos netos, na actualidade van máis alá. Case podemos dicir que un avó ou avoa ten o papel de pai o nai pero coa posibilidade de ter un soño reparador, polo demais… estanche empatados. Isto vai ligado a un cambio importante na nosa sociedade, o papel da muller non é o que era fai un século, nin medio. As mulleres como as nosas avoas, bisavoas dos nosos fillos, estaban educadas para traballar na casa, tiñan que renunciar a ter os seus propios soños, ser autónomas e independentes non entraba nos plans da sociedade. De feito costa atopar nomes de mulleres cunha relevancia importante en feitos históricos, pero hainas… mulleres rebeldes que as dificultades da vida as levaron a ser quen foron.

Estes tempos non teñen que ver cos vividos  por nosas avoas e bisavoas, se enfocamos o tema no lugar onde vivimos, en España as mulleres rozaron un día a posibilidade de ser, a guerra civil foi iso, unha luz para poñer de manifesto os seus desexos, a súa voz, a non ter que depender dun home, pero… non puido ser… e as mulleres fixéronse invisibles, condenadas ó silencio…
As nosas avoas non podían levar pantalóns, non podían estudar, pero eran loitadoras e inconformistas, algunhas tentaron falar en alto. Aínda así moitas lograron alcanzar os seus desexos facendo frente á sociedade da época e tirando da vida para adiante… e algunhas están nas nosas vidas, heroínas da súa propia. Aquí en Galicia temos uns cantos nomes, por poñer un exemplo de alguén relacionado co mundo da educación temos o caso de Tita “a mestra da palabra xusta” quen fundou a primeira escola bilingüe en Vigo, o seu marido foi un apoio moi importante para levar a cabo os seus proxectos.

Por iso o 8 de marzo, DIA da MULLER, é unha data importante, lembramos a todas estas mulleres que comezaron esta loita de igualdade de dereitos e abriron camiño ás demais, e grazas a elas na actualidade podemos decidir formarnos, traballar fora de casa, e levar pantalóns!!

Pois esas avoas, despois de toda unha vida seguramente non moi fácil pero mirando cara adiante, agora teñen un rol moi importante dentro da familia, son transmisoras de tradicións familiares, elas saben que un neto é unha fonte de amor, comparten confidencias, ensinanzas, teñen a paciencia infinita… teñen poderes, sen dúbida.

Esta semana os nenos e nenas crearon un recuncho onde compartiron as súas vivencias coas avoas. Cada un expresou os seus sentimentos con debuxos, frases, cartas, composicións, con moito arte como sempre.

SUPERAVOAS, isto é para vós…

 

 

 

 

DESDE RUSIA CON AMOR

Aínda que vos sone a 007 non, non estamos a falar de James Bond, senon duns personaxes non menos atrevidos pero máis da natureza. Comezamos…

Cremos que un conto é a mellor ferramenta para que un nen@ entenda ás relaciósn das persoas co mundo, un medio de aprendizaxe moi especial., por iso non dudamos en que Masha e o seu oso tiñan que ser os que acompañaran ós rapaces este mes por… Rusia.

Desde Moscova ata San Petesbugo, abrigadiños cos seus manguitos e o seu Chapka, atravesando de Europa a Asia e de volta polos Montes Urales, parando a contemplar a beleza do lago máis grande do mundo, o Mar Caspio, onde tivemos a sorte de ver unha das focas que viven no seu interior, que sorte tivemos! Voltamos polo sendero do Lago Baikal, menos mal que íamos ben preparados para a neve, Siberia no inverno  é puro xeo., tan só hai que ver o abrigados que ían os monitores …

arume_proyectoeducativo arume_proyectoeducativo

En Rusia o comezo da escola ten un significado moi fermoso, para eles implica a chegada de novas amizades que se incorporarán ás súas vidas ó longo do curso.

Ó atravesar polo Noroeste de Siberia, as temperaturas son de case 50º baixo cero, aínda así hai xente que habita nese lugar, son os ‘pastores do fin do mundo’. Este curioso pobo nómada é o último representante dun estilo de pastoreo único, rebaños de renos domésticos acompáñanos mentres migran periódicamente pola península do Yamal, nome que lle deron os Nénets a esta terra, e que na lingua indíxena quere dicir ‘fin do mundo’. Algúns viven na Tundra ou na Taiga, os bosques de conífieras de Siberia, o seu fogar. Non vos parece incrible que haxa xente que siga conservando un modo de vida tan antigo? Verdadeiramente curioso…

E como non… se falamos de Rusia, falamos dun símbolo desa terra como é a Matrioshka. De todos é coñecida esa boneca que dentro leva outra, e esta outra máis e así sucesivamente ata a máis pequeniña, transmitindo o importante que é a muller e a maternidade. Ademais de suxerir unha mensaxe de vida, de amor e de amizade, entendendo tamén o importante que é o interior de cada persoa. Polos debuxos da roupa, é de supoñer tamén, que son cores e roupas que representan os vestidos típicos das mulleres de alí.

Tódalas bonecas dunha mesma Matrioska fanse co mesmo tronco, máis alá do simbólico significado de que todas saian do mesma madeira xa que representan a descendencia, é porque unha das lendas que falan sobre a orixe destas bonecas di que o carpinteiro que fixo a primeira o fixo dun tronco que atopou baixo a neve, e por petición de cada unha que facía, ía tallando novas máis pequenas, xa que podía falar con elas! Algunhas son auténticas obras mestras, consideradas xoguetes de autor, ata hai un museo adicado a elas!

Os nen@s divertíronse nesta actividade moitísimo, nalgúns comedores aproveitaron os días de entroido para amosar o seu disfrace de fabricación propia igualiño a unha Matrioska. Mostrámosvos unhas imaxes:

 

 

E por suposto non podía faltar unha homenaxe á gastronomía rusa cun menú propio dun tsar de Rusia:

arume_rusiaSopa SCHI, unha sopa que aprecian moito na cociña rusa, cando comezou a facerse popular era un prato tanto da nobreza como da xente da pé, variaba un pouquiño a composición por este motivo, a sopa que tomaron os rapaces nos comedores de Arume levaba:

Repolo, berenxena, pescada, pataca, cenoria, allo, cebola, caldo polo, loureiro.

Strogonoff , unha receita tradicional rusa que pode facerse de varias formas, nós a fixemos con tenreira.

Tenreira, cogumelo laminado, bacon, aceite, cebola, allo e unhas patacas panadeira.

 

 

 

 

 

 

 

Masha e máis o oso poden estar ben orgullosos destes axudantes galegos que a partir de agora saben un pouquiño máis da cultura rusa. Creo que ata botaron algún baile ruso pero ían tan veloces que a cámara non puido conxelar a imaxe 😉

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

Este mes adicamos as entradas do noso blogue ás actividades que fixeron os rapaces cos monitores, un complemento moi importante para os nen@s no tempo do comedor, onde aprenden moitísimas cousas dun xeito lúdico.

O cerebro dun cativo ten unha capacidade infinita para asimilar experiencias sociais, por iso non podíamos deixar pasar a ocasión de adicar os obradoiros de fin deste mes ó día escolar da paz e da non violencia.
E… como temos que fomentar a cultura da paz? Pois cremos que desde nós mesmos, transmitindo unha sensación pracenteira ó estar cos amig@s, coa familia, no traballo, na escola. A paz é invisible, pero necesaria como o aire que respiramos. Aparece nun abrazo, nun xesto, nunha mirada ou nunha palabra. Confórmase con pouca cousa para existir, só hai que coidala construindo xuntos cousas como por exemplo:

Non facer o que cres que non está ben.
Pedir axuda para encontrala.
Dicir sempre o que sentes desde o respeto.
Tratar de entender as diferenzas como valores non como elementos discriminatorios, na diversidade está a riqueza das relacións.
Cando teñas un desgusto con alguén, tenta atopar unha solución.

A nosa alternativa persoal ó conflicto ten que ser iso, a tranquilidade, poñerse no lugar dos demáis, seguridade, e ter a PAZ como amiga compañeira.

Mirade que cousas máis fermosas fixeron os nen@s para traballar por onde hai que camiñar para conseguilo… mensaxes en barquiños de papel que ademais de chergarnos xa ó corazón, desexamos que viaxen con eles para sempre.

 

(…podedes pinchar enriba delas para miralas máis grandes…)

 

SEGREDOS DESPOIS DE COMER

Dentro da nosa misión educativa comezamos o ano con moitos proxectos cara ós cativos que esperamos fagan voar a súa imaxinación e manteñan entre os recordos que garden dos anos que pasaron na escola. Son xogos didácticos que complementan o espazo do comedor e con eles queremos darlle unha motivación máis para que ese tempo sexa divertido ademáis de que se leven un aprendizaxe para sempre.

arume_proyectoeducativo      arume_proyectoeducativo

Comezamos con xogos que sigan despertando amor pola froita, polas árbores e a terra, nesta ocasión os nen@s xogaron a imaxinarse unha froita nova, boísima! Puxéronlle un nome orixinal que a distinguise, desde logo ideas non faltaron nesas mentes inquietas!


Seguimos cun xogo moi divertido chamado “A PELOTA PARLANCHINA” co que dan a coñecer as súas preferencias sobre a comida, as cores, os sabores etc… á vez que van pasando a pelota duns a outros xa que é unha pelota quente! e haina que pasar a un compañeiro rápido (é broma, pero ten que facer que lles queima, comprendedes…?) . Un entretenemento que nos axuda a coñecer máis cousas de cada un de nós e polo tanto a entendernos mellor.

Un dos problemas máis habituais dun comedor escolar é “O RUIDO”, moitas persoas xuntas nun mesmo espazo, despois de horas de estar na clase e con moitas ganas de falar e inda por riba nenos! o volumen dos rapaces tende a ser alto por natureza, saen da clase con ganas de falar e súmase o entusiasmo que lle poñen a todo. Ben… non. Non son eles soamente, o entrar nun restaurante cheo de adultos que escoitades? … ruido.

Somos o segundo país considerado como máis estrondoso do mundo. Se combatimos isto na escola e nas casas ensinando ás novas xeracións a ser máis silenciosas, sairíamos dese lugar? Non sabemos, pero intentaremos aportar o noso graniño de area a estos futuros xóvenes para que nos axuden.
A contaminación acústica afecta á concentración e ó desenvolvemento cognitivo, ó seu sistema nervioso. Co xogo que lles propoñemos, axudarémoslles a diferenciar ‘ruido’ de ‘son’, e así poder disfrutar de verdade dos sons agradables como o da chuvia, o do vento, o cantar dun paxaro, a risa dunha persoa. Intentade relaxarvos xa veredes todo o que escoitades e apreciades vós tamén…

Viaxaremos tamén nunha “MÁQUINA DO TEMPO” ó pasado pero coas mellores ferramentas do futuro, desde a era dos dinosaurios, pasando polas travesías do capitán Cook. Xa… queredes vir… preguntade ós vosos fillos se vos deixan subir, cremos que lles pode encantar vervos polo comedor un día…

 

arume_proyectoeducativo           arume_proyectoeducativo

Decoraremos a porta do comedor simulando ser a nosa máquina do tempo.
Faremos un carné de viaxeiros e viaxeiras do tempo. Podemos facelo de forma individual ou facelo colectivo nun cartón xigante, deixaremos que escollan eles.
Para que quede constancia das viaxes elaborarán uns debuxos que simulen ser unhas fotografías daqueles lugares que visitamos. Algo así pero moitíííísimo máis bonito vai ser a máquina do tempo de Arume!! 

_RB13867

E por último da man dun dos personaxes máis célebres e admirados da historia da ciencia, Einstein, faremos un xogo coa enerxía estática que seguro será moi divertido para estes pequenos futuros investigadores.

A xantar e sentirse ben aprendendo !!!

arume_proyectoeducativo

 

 

O NADAL QUERE FALAR CONTIGO… A SOAS

Alixeiras o paso, queda un agasallo por mercar, con iso terás xa o último… o do cuñado que ven de Teruel! Agora só queda preguntar a Maruxa se o que lle gusta era licor de caña ou crema. Pero iso podes facelo pola tarde, as tendas aínda estarán abertas.
Agarda! Martín e Pedro este ano querían un quebracabezas, ai! que lle dixeches á avoa que cun conto ían ben!! Imos chamala…
“Gustaranlle as nécoras a Carlos? Ramiro, por favor non esquezas o xeo! E Xulia… que se volveu ecolóxica e vexetariana… ha! máis cordeiro para min! todo ten o seu lado bo!” cando caes na conta de que estás a falar en alto, ves un rapaz que che mira cos ollos para fora coma a cariña do whatsapp…

 

En fin… Unha tolería de días, pero… cando non o son!!?? Se nos paramos a pensar un pouco, todo o ano estamos ó mesmo: ás carreiras. Pero en ningún intre é tan divertido como no Nadal. Nesta época temos un completo: a casa chea de po de neve, a familia, os agasallos, as ceas, as comidas e algún que outro “falabarato” se falta alguén na mesa. Para eses que renegan destas datas polas circustancias que sexa, que todos temos algunha, dicirlles… que é verdade, que teñen razón, é un espírito un pouco tolo este do Nadal pero os cativos pásano en grande, para eles é pura maxia, ou non fóstedes nen@s?? O que temos que corrixir un chisco grande son ás capas de consumismo e materialismo coas que o maquillamos…

arume_feliz_año
E inda por riba, cando nos decatamos, comeza a conta atrás para que remate outro ano. O 2017 quedará para algúns como un ano fermoso e a outros non lles da chegado o día que se vaia, mais non vai cambiar nada porque poña 2018 e xa non esté ese sete repelente. Non é un sete o que está a fastidiar. Cada un de nós é un ser único que nace cunha sala interior chea de paixón, alegría, amor, xenerosidade, compaixón… e danos a sensación de que polo camiño da vida vanse quedando algúns sentimentos que de pequenos facíannos sentir que nada podía con nós. Saíamos da nosa casa co ‘modo feliz’ posto, fóramos onde fóramos, aínda que a túa nai ou pai ese día botárache unha bronca por non recoller a habitación, ti tiñas onde mirar para que o sorriso saíra igualmente. Era xenial, aínda que perderas algo e botaras unhas lagrimiñas, había tantas cousas máis que che facían feliz… fora verán, outono, inverno ou primavera! Se tiñamos un día difícil, selábamolo con bágoas e gardábamolo nun sorriso, así de natural e sinxelo. E chegaba o Nadal… cheo de maxia, as relacións intensificanse, os recordos borbollan, os sentimentos fanse enormes… era estupendo!

arume_feliz_año
En Arume pensamos que sería unha boa idea cara os nen@s, aproveitar esta época para reforzar eses valores importantes que deben acompañarnos sempre, e que farán de nós unhas boas persoas todo o ano, toda a vida… para tentar que non se perdan polo camiño. De paso foi un exercicio para tódolos que colaboramos no proxecto, un exercicio que nos fixo reflexionar sobre o significado que cada un de nós queremos darlle a estas festas, un sentido máis responsable a tódolos niveis.
Cada día despois de comer, os monitores traballaron cos rapaces un conto que fixo de fío condutor da actividade, onde uns bos amigos salvaban coa súa amizade un día de tempestade e frío. Ser amable… mira que é unha cousa doada de facer… e ó revés mira que é complicado! ser desagradable é sinónimo de enredo seguro. Sendo amables conseguen os propósitos, e isto vai da man da amizade, do amor, da bondade e ademáis é unha boa forma de relacionarse e polo tanto un signo de xenerosidade. A fábula fai lembrar tamén que o amor é un sentimento que axuda a abrir a mente dunha forma positiva e optimista cara ó mundo.

arume_feliz_año
Unhas cousas levan a outras facendo unha versión cada vez mellor deles mesmos. Como xa sabedes, acompañaron os xogos cun concurso onde deixaron claro o artistas que son, reflexando á perfección que a creatividade dun nen@ é infinita. Foi un broche de ouro a un ano que nos deixa grandes historias dun comedor escolar, nenos aprendendo dos adultos, adultos aprendendo doutros adultos e dos rapaces, en definitiva… persoas aprendendo de persoas, porque nunca están tódalas preguntas feitas, e nós temos que buscar novas respostas… un aprendizaxe continuo.

Así que non vos preocupedes que a Maruxa seguro que lle gusta o licor de caña e Ramiro non esquecerá o xeo. Desexámosvos que atopedes o balance positivo deste ano, comede san e con sentidiiiiiño, axudaredes a xestionar mellor non só os gastos senon tamén os recursos.

Situade o Nadal nese lugar do corazón que lle corresponde e dádelle o significado que cada un queira. Chorade, ride, brincade ou estade máis sosegados pero non deixedes de soñar como nen@s.

Eu creo que xa sei o que vou facer antes de rematar o ano! vou reler, por recomendación dalguén, ‘A pequena Cerilleira’ esa nena que prendía fósforos na noite para ver mellor os seus soños… Feliz aninovo familias!

 

arume_feliz_año

Tesouros do mar

Un dos grandes tesouros que ten o mar é a vida dos peixes. Fai unhas semanas estivemos có noso provedor Bravo Mar. Simone e Javier foron os encargados de presentarnos un proxecto que fai catro anos que naceu, apostando pola pesca sostible e tentando ofrecer o mellor deles.
Visitamos o lugar onde traballan, e coñecimos desde primeira man o camiño que fai o peixe desde alí ata que chega a Arume. Comezan o día moi cedo na subasta da lonxa, o rapaz que o recepciona prepara tamén os pedidos saíntes, outro equipo limpa os peixes e por último están as persoas que o desespiñan e filetean para que chegue dun xeito doado de cociñar para os rapaces.

arume_bravomar

arume_bravomararume_bravomar

 

Maruca, bacallao, peixe palo, atún, compoñen os menús que en Arume preparamos cada mes. Imos falar un pouquiño dos beneficios de incluílo na dieta.
O peixe é un alimento, como sabedes, con altos valores nutricionais, por algo aconsellan tomalo ata catro veces á semana.
Isto débese a varios motivos de peso, así e todo queremos sobresair que o valor das proteínas que aporta é dunha calidade excepcional. E vós pensaredes… pero as proteínas están tamén na carne, nos ovos…! Pois sí, certo, pero a diferencia reside no perfil de grasas que contén; o pescado e moitísimo máis saudable. Imos a explicalo mellor.

arume_bravomar

O corpo necesita aminoácidos, éstes son compoñentes básicos das proteínas, hai hasta vintedous dos cales oito chámanse aminoácidos ‘esenciais’, quere dicir que soamente pódense obter a través dos alimentos, os chamados ‘non esenciais’ o corpo é capaz de sintetizalos por el mesmo.

E logo… cómo obtemos estes oito aminoácidos esenciais? Pois introducindo na nosa dieta alimentos ricos en proteínas, que a súa vez poden ser de alto valor biolóxico ( quere dicir que teñen os oito aminoácidos esenciais) ou non teñen todos pero fan aporte ó corpo.

Ben, pois o pescado e o ovo son dous fontes de aminoácidos esenciais completos. Cuadruplican a concentración de aminoácidos en comparación coa carne. Fixádevos, poñemos un exemplo: para obter o aporte de triptofano que necesitamos de forma diaria (am.esencial) podemos comer 31g de bacallao ou 275g de carne de terneira. Para cubrir a necesidade da metionina (am.esencial) podemos facelo comendo 48g de bacallao ou 489 g de carne de terneira!!! Xa vedes a diferencia…

O pescado é fácil de dixerir, ten un aporte calórico baixo, ten graxas insaturadas (omega 3-prevención de problemas cardiovasculares-), fonte de minerais (fóforo, sodio, potasio, calcio, ferro, iodo) e proteínas de alto valor biolóxico.
Sabendo isto, podemos reducir o consumo de carne en favor de aumentar o do pescado para cubrir estas necesidades proteicas completamente.

Aumentar o consumo de pescado e marisco nada máis ca trae beneficios para a saúde. Estas festas… xa sabedes, o marisquiño e un bo pescado para compensar toda a repostería do Nadal á que non imos poder resisitirnos!

arume_bravomar

Moitas grazas a todos por traballar pola saúde, e un grazas extra de parte dos rapaces !!

Aínda que ahí falta unha persoa… sodes estupendos todos, seguide sorrindo!!

arume_bravomar_DSC4292-Editar

 

PEQUENOS GUERREIROS

Xabi ten 4 anos, un día os doutores descubriron que a glucosa que corría polo seu sangue non chegaba ás células, por iso estaba maliño de vez en cando. Os alimentos, dentro do seu corpo, se transformaban para viaxar cada un ó seu lugar, o azucre ficaba no fluxo sanguíneo xa que atopaba as portas das células pechadas. Alí non abría ninguén…

Pero… por que? O seu páncreas non ía como tiña que ir… non fabricaba insulina.
Hoxe en día a cura para ese problema estase a investigar, así que tiveron que axudarlle a fabricar algo que se encargara de abrir esas portas.
Coa bomba de insulina fixada ó seu corpo controla os niveis de glucosa en sangue para saber canta insulina toca inxectar.
Este problema que ten Xabi chámase Diabetes tipo 1, non se pode previr, e hai que aprender a vivir con el. Para os pais pode chegar a ser abafador, por iso hai que ter presentes axudas e apoios que proporcionen alento tanto ós pais e nais coma ós nen@s.

Ata que a ciencia atope un método para previr, curar ou vaia mellorando os que hai na actualidade, a familia pode contribuír a que os cativos poidan medrar da forma máis saudable posible, que saiban xestionar os niveis de glucosa levando controis ó longo do día, facendo exercicio para queimar enerxía, etc…

arume_dia _diabetes

Estes nenos tan pequeniños necesitan ter cerca unha persoa de apoio que vixíe que todo vai ben. No caso de Xabi temos a  Carmen, a quen tivemos o gusto de coñecer na hora do comedor, e ós mestres que lle dan clase. Mentres vai ó colexio e ó comedor, eles están pendentes dos controis e da procura de dar normalidade a esa situación especial, para que poida desfrutar, igual que calquera outro rapaz, das relacións cos demáis e do aprendizaxe na escola.

Decidiuse adicar un día a esta enfermidade para cocienciar e visibilizar un problema que a día de hoxe, aínda que hai moitos avances, a ciencia non atopou unha cura e a diabetes infantil aumenta. Existen asociacións como Anedia en Galicia e Diabetes Cero a nivel nacional, que non cesan na búsqueda de progresos e axudas que fagan aportacións á investigación. Todos eles son nais e pais que non se renden para que os seus fillos crezan cunha mellor calidade de vida.

Iria, a nai de Xabi, é unha das persoas que colaboran con Anedia, a Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia, nesta loita por unha búsqueda de solucións. Ela foi facer unha visita á escola do seu fillo invitada por Arume, para contar ós rapaces as particularidades do que lle pasa a nen@s como Xabi, como conviven coa deabetes cada día, e o que significa para a súa vida._DSC6053

Se queredes sensibilizárvos co tema, podedes atopar moitísima información sobre: a diabetes nos colexios, recursos, documentación e artigos etc… na web da asociación: ANEDIA GALICIA e na páxina de DIABETES CERO, o movemento de nais e pais que loitan pola investigación e que tod@s debemos apoiar.

 

 

arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes

Iria contoulles ós cativos os coidados que ten que ter durante o día e a noite, como funciona o aparatiño que leva Xabi, como mide os hidratos de carbono das racións que inxire, e á hora de comer, levando eses controis moi ben feitos, non ten que facer comidas diferentes ó resto de nen@s do comedor. Levoulles ata un conto que fala sobre a diabetes nos nen@s.

arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes

Tódolos rapaces prestaron moita atención ás explicacións de Iria, seguiron a charla cun interés marabilloso e ó final volcáronse en arroupar a Xabi, representante de todos eses cativos con diabetes, por ser un supercampión. Guerreiros !

arume_dia _diabetesarume_dia _diabetesarume_dia _diabetes

Logo foron comer todos xuntos e compartiron con Iria un rato moi agradable mentres contaba anécdotas e facía esa chamada de esperanza a que algún día os avances fagan posible unha cura.

arume_dia _diabetes arume_dia _diabetes

Ás nais e ós pais, que como Iria, fixeron esta labor o Día Mundial da Diabetes, achegándose ós comedores de Arume para tratar este tema cos máis pequenos e difundir unha mensaxe educativa sobre hábitos de alimentación e de exercicio… GRAZAS polo voso tempo e xenerosidade.

O círculo do DÍA MUNDIAL DA DIABETES representa a vida e a saúde, e a cor azul… o ceo que nos une. A mensaxe dese día é moi clara:

Actuar para cambiar a vida hoxe

Actuar para cambiar o mundo mañá

arume_dia _diabetes