Visibilizando a diabetes entre nenos

Como xa vos contamos con anterioridade, este luns 14 de novembro celebramos o día mundial da diabetes. “Azucre si pero con sentidiño” foi o nome que eliximos para esta acción en colaboración con Anedia. Tamén colaboramos con diferentes ANPAS locais ou provinciais, como FOANPAS.

Antes de nada, queremos agradecer a todas as ANPAS así como a ANEDIA a súa colaboración. O papel de ANEDIA nesta acción é clave. E non só na acción. Tamén no día a día da xestión dos comedores alí onde hai nenos con diabetes. O convenio que temos con eles é fundamental para poder ofrecer os mellores protocolos en coidado desta enfermidade.

O neno con diabetes é un neno máis, que sinxelamente debe prestar máis atención a canto come. É dicir, pode comer o mesmo que calquera outro neno pero prestando atención a canto gramaxe de comida toma. Anedia traballa para normalizar a situación dos pequenos, para evitar que se vexan diferentes a outros compañeiros. E precisamente, “Azucre si pero con sentidiño” buscaba visibilizar isto. Cunha báscula, unha monitora realizou fronte a todos os nenos, os controis diarios de peso polos que pasan os pratos para diabéticos.

A acción desenvolvémola en diferentes coles en Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense. Podes ver fotos máis información no noso Facebook. Ademais, moitos medios cubriron a acción. Estamos moi contentos xa que desta forma moita máis xente poderá sumarse a esta normalización. Deixámosvos unha relación de ligazóns para que visitedes os medios e vos decatedes un pouquiño mellor de como se xestionaron estas xornadas.

Radio Galega. A partir do minuto 37.10.

Onda Cero. A partir do minuto 31.55.

Cadea Ser Vigo. A partir do minuto 10.30.

Televisión de Galicia. Ligazón directa.

Ademais, deixámosvos cunha galería de fotos nalgúns dos coles nos que fixemos a xornada; CEIP San Pedro de Visma, Colexio Luís Vives e CEIP A Carballeira.

 

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas

Cada 31 de outubro, moito antes de que existise o que hoxe coñecemos como Halloween, os celtas celebraban a súa particular festa de Ano Novo: o Samaín. Contaba a lenda que esa noite tan especial supuña o fin do verán e o inicio do inverno, abríndose unha porta por onde as almas dos falecidos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares. Co fin de conter aos mortos, os celtas iluminaban as rúas con velas fabricadas a partir de froitas e verduras. Co paso do tempo, esas velas rudimentarias acabaron converténdose nunha icona da noite dos mortos por todos coñecido: a famosa cabaza de Halloween.Menú Samaín

Pero non fai falta saltar o charco para gozar do 31 de outubro. Na tradición galega, esta festividade ten un sinal histórico: os nosos antepasados foron os seus orixinarios. Por todo o territorio galego pódense atopar continuas referencias a esta festa, que dunhas décadas para aquí viu caer a súa popularidade.

Pero como un signo máis da nosa historia, é o momento de reivindicalo! Por iso, dende ARUME queremos achegar esta festividade aos máis pequenos.

O vindeiro venres 28 de outubro os nenos levarán unha sorpresa á hora para comer: Samaín enfeitizou o menú do xantar!

Desde ARUME realizaremos un menú completamente tematizado para esta festa pero, como sempre, mantendo os valores nutricionais óptimos para o desenvolvemento de péquelos. Unha rica crema de cabaza abrirá o menú, que continuará cunha tortilla “embruxada” con ensalada como guarnición.

Por último, chega a sobremesa! Divertida froita terrorífica coa que os nenos o pasarán de infarto. O ano pasado fixemos un xogo con mandarinas para transformalas en cabazas de Samaín e as risas foron as protagonistas da xornada. Un día moi especial que estamos a desexar repetir.

Parécenos importante para un momento e falar da cabaza como parte dunha boa dieta. A cabaza é unha verdura doce (aproveitemos as chuches da natureza!) e contén un 90% de auga e moi poucas calorías e hidratos de carbono. En cambio, é moi rica en vitaminas, minerais e fibra. Ademais é antioxidante e depurativa. Para cociñala, o mellor é cocela en anacos para quitar de forma doada a pel. Despois podemos comela como guarnición ou facer unha crema ou puré. Recomendación: a crema con pipas, noces ou sementes como a chia (un superalimento a ter en conta) e aderezada cun chorro de aceite de oliva virxe, está deliciosa!

Azúcar sí, pero… con sentidiño

O vindeiro 14 de novembro é o Día Internacional da Diabetes. Como non podía ser doutro xeito, dende Arume queremos recalcar o papel da alimentación na súa prevención e tratamento. En colaboración con ANEDIA (Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia), levaremos a cabo unha campaña para facer visible a necesidade de que nenos e nenas leven unha dieta adecuada. Clave para que, o día de mañán, sexan adultos sanos.

A diabetes é unha enfermedade que, cada vez máis, se extende entre os máis pequenos. En España, cada ano se diagnostican cerca de 1.100 casos de diabetes infantil. A pesar de que a diabetes tipo 1 (a común entre os nenos) non se pode prever, unha boa alimentación contribúe á súa mellora. No caso do tipo de diabetes dos adultos, tamén á súa prevención.

É vital que todos tomemos conciencia da importancia dunha alimentación saudable. Neste sentido, ANEDIA desempeña un papel fundamental: reivindica, entre outras, a asistencia médica especializada, a necesaria aposta pola investigación neste campo, e, sobre todo, a educación como medio para a súa prevención e tratamento.

Así, en colaboración con ANEDIA e baixo o lema “Azúcar sí, pero… con sentidiño” desenvolveremos unha campaña de sensibilización sobre esta enfermidade. Achegarémonos a diferentes colexios galegos para tratar de concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de que manteñan unha alimentación saudable, tanto para prever enfermidades como a diabetes como para combatila.

E nisto traballamos desde Arume no noso día a día. Co asesoramento e control de ANEDIA, nese día especial visibilizaremos ante todo o cole os controis que diariamente pasan estes pratos. Os nenos con diabetes deben comer de maneira estrita, e os alimentos que consomen deben ter un peso determinado. Arume adapta diariamente o mesmo menú do comedor escolar aos casos concretos, de modo que todos os nenos poidan comer o mesmo. Con esta acción, queremos pór en valor esta práctica para que todos sexan conscientes de que, no fondo, todo esforzo ten a súa recompensa.

Conxemar bate un ano máis a súa marca de visitas

A Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, Conxemar, é un referente internacional do mercado de produtos conxelados da pesca ou acuicultura. A semana pasada celebrou a súa XVIII edición no “Instituto Ferial de Vigo”, coa que bateu todas as marcas até agora conseguidos. A cifra de visitantes alcanzo a súa máxima histórica, superando os 30.000 profesionais de máis de 100 países do mundo. Esta cantidade supón un aumento do 11% respecto da edición do 2015.

O evento serve como punto de encontro para todos os profesionais do sector de produtos do mar conxelados. De acordo aos participantes e á organización, as xornadas de negocios e contactos empresariais deron o seu froito, con constantes visitas de profesionais ás casetas. Tivo especial importancia para as empresas participantes o papel dos visitantes estranxeiros, sobre todo de países como Portugal, Italia, Francia, Grecia ou Holanda. Tamén destacaron o crecente interese do mercado asiático nas compañías españolas.

O éxito de Conxemar, de acordo cos organizadores, ten unha estreita relación co Congreso Mundial de Cefalópodos celebrado o 3 de outubro. Este congreso foi organizado conxuntamente pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) e Conxemar, á que asistiron un total de 377 profesionais de 26 países diferentes. Este simposio busca pór en contacto aos axentes dedicados á pesqueira comercial destes invertebrados, como o polbo, a sepia ou a lura, ademais de darlle relevancia á importancia da pesca de cefalópodos, así como a súa sustentabilidade tanto ambiental como económica e social.

A principal conclusión do congreso foi que a poboación mundial de cefalópodos é actualmente correcta e prevese un aumento nos próximos anos, pero hai casos locais preocupantes. Un tócanos directamente aos galegos, xa que se perdeu a pesca dunha especie de lura propia do norte debido á subida dun grao das augas das rías. De todos os xeitos, persisten as especies autóctonas do noso mar.

Un tema que nos afecta e interesa debido aos enormes beneficios que ten o consumo de cefalópodos. Enmarcados nunha dieta equilibrada, favorecen ao sistema inmunolóxico, colaborando na formación de ósos, cartílagos e dentes. Ademais, achega zinc e outros minerais interesantes para a nosa saúde. Son ricos en calcio, fósforo, iodo, potasio ou selenio. Xa sabes, inclúe cefalópodos no teu planning semanal!

Colaboramos na XV edición de Intercentros

Intercentros é unha actividade educativa, musical e solidaria que naceu en 2002 no colexio coruñés Santo Domingo. Como obxectivo principal, queríase ofrecer unha actividade alternativa, que conectase co mundo e os valores dos nenos, unindo así moitos centros educativos da cidade. A música foi o vehículo que conectaba as diferentes xeracións que participaban nesta experiencia.

Queixo de tetilla

O queixo tetilla elabórase a partir do leite de vaca das razas frisoa, loura galega ou pardo alpina e é un dos produtos galegos protexidos pola DOP (Denominación de Orixe Protexida). Aínda que antigamente elaborábase no sur da Coruña e o norte de Pontevedra, actualmente a súa produción esténdese en todo o territorio galego, coexistindo a elaboración artesanal coa industrial. Tanto a produción do leite como a elaboración e maduración dos queixos, deben realizarse dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia para obter a DOP.

Mel de Galicia

O mel é unha fonte de nutrientes e de enerxía. Trátase dunha sustancia de sabor doce, producida polas abellas a partir do néctar das flores. As abellas colleitan o néctar das flores próximas á súa colmea e transfórmano mesturándoo con encimas propias. Esta mestura é almacenada nos panales (estruturas de cera formada por pequenos ocos hexagonales construídos dentro da colmea), onde despois dun tempo, obtense o mel.