O refrán “Contigo pan e cebola” dicíallo eu a un exipcio sin pensalo dúas veces…
Se escoitamos á historia, á civilización exipcia non só hai que atribuirlle a creación dos xeroglíficos e dun calendario, moi preciso por certo. Din que… tamén é cousa deles o decubrimento do pan!
A historia conta que un exipcio estaba a mesturar cereais e sementes que medraban nas beiras do Nilo e esqueceu nunha pota esta mestura, cando voltou atopouse a primeira bola de pan! Co paso do tempo os gregos melloraron a técnica, e os romanos, continuadores da cultura grega, melloraron os fornos, ata bautizaron un deles co seu nome.
Entón… podemos afirmar que un exipcio obtivo a primeira masa nai? Se facemos caso á lenda, pode que sí… pero de masas nai falaremos outro día e explicaremos moitas cousas; como adianto diremos que hai un país, non moi lonxe de nós… onde existe un centro que garda o pasado da alma do pan… como quedastes? ahí o deixamos…
O pan en Galicia ten nome propio, fixádevos… se falamos de pan de Cea, pan de Carral, o bolo de Porriño, o mollete de Santiago, pan de Ousá, pan de Carballo, a Broa celta… – poderíamos estar así ata mañán- sabedes de que estamos a falar, non si? Cada pobo en Galicia foi elaborando a sua receita según o cereal que se cultivaba arredor dos campos.
E se engadimos as costumes de amasado que tiñan en cada fogar, de horarios, de pizcas de agarimo… temos cualidades que fan un produto auténtico da terra. O pan era un alimento fundamental nas casas desde tempos ancestros, dicirlle aos nenos que pregunten aos avós sobre el! Os vosos fillos coñecen os hórreos galegos? Eles saben que alí secábase o millo e o trigo para facer pan? Saben para que serve un muíño? Deixade que descubran de onde sae a fariña, a ver que cousas surxen, ides pasalo ben…
No último tercio do século pasado, a vida rural, chea de inspiración para conservar tradicións, abandóase pouco a pouco. Polos anos setenta o pan vai perdendo valor, e sumado ao falso mito de que engorda, foi inxustamente relegado da súa posición nas casas.
Unha mágoa… porque imaxino unha escea tan romántica con esa nai -que era a que facía o pan normalmente- amasando mentres os rapaces manchados de fariña exploraban a textura da masa, podo ver o seu sorriso coas caras manchadas de branco, todo un arte de espraiarse á vez que compartían como se fai un alimento saudable.
O outro día, de casualidade, escoitei unha historia chea dese romanticismo, vóuvola contar:
Unha desas avoas, que sempre fixeron masa nai na casa, vive nunha aldea ourensá chamada Cartelle. O seu nome é Corona, fermoso por certo. Cada domingo, despois da misa, segue a facer pan como facía a súa nai, revivindo unha escea que semella a de antes. As mans van cansadas, daquela os seus fillos regaláronlle unha máquina para que non teña que deixar de facelo. O resto do proceso faino como antes, ela di que calquer minuto de retraso pode arruinar o traballo.
Pero todo tempo pasado, é iso… pasado. E no presente estase a regresar ás raíces, a demanda de pan de pobo cada vez é maior e o artesán é tendencia!
Nos menús dos nenos non pode faltar un cachiño de pan, e ahí está o noso forno Sanbrandán. Arume pon toda a confianza nesta empresa galega de longa experiencia. Quixemos afondar un pouco na elaboración das masas e no proceso de produción así que fomos facerlles unha visita.
Borja e Lucía foron especialmente cercanos e sinceros, contándonos como evolucionou a sua actividade desde que fan pan para moitos fogares. Ipasa é o seu nome orixinal, e teñen unha experiencia moi enriquecedora de máis de 40 anos. Como lle sucedeu á avoa de Cartelle, mans para facer tanto pan non eran dabondo, daquela, nestes anos, a dedicación a innovar e incorporar novidades que axuden a obter o pan imitando o proceso tradicional, foi unha das prioridades, conseguindo así máquinas con deseños case a medida para obter a masa.
Confírmannos que atenden unha demanda cada vez maior de pan rústico, variedades de masa nai e de distintas fariñas. Que ben!
Quedamos xa con morriña por volver… e seguir falando de cousas saudables para os rapaces.
Seguiremos falando deste alimento o longo do mes de outubro… xa que o día mundial do pan está a caer, axudádesnos nas casas? Que vos parece por exemplo falar do millo, dos muíños, das tostas de pan de centeo, que os avós os fagan regresar ás raíces e que a espiga dun cereal se converta este mes no adorno da mesiña de noite dos cativos…
Sede moi felices e que non falte o pan nas vosas vidas !