Desde Arume comprácenos anunciar que chegamos a un acordo de colaboración coa cadea de panaderías coruñesa Sanbrandan, para este curso escolar 2016-2017.
A partir de agora, con este novo provedor, os nenos e nenas da cidade de A Coruña comerán todos os días coa barra de pan de San Brandan.
O pan é unha fonte importante de hidratos de carbono. Ademais, unha ración mínima de pan ao día é necesaria para favorecer a absorción de nutrientes tan importantes como a vitamina B1, a fibra ou o iodo. Contén numerosos minerais como o calcio, fósforo, magnesio e potasio, fundamentais para o correcto funcionamento do noso organismo. Un baixo consumo de pan pode desequilibrar de maneira significativa a nosa dieta, por iso é de vital importancia asegurar a máxima calidade e o consumo deste produto entre os máis pequenos.
Con este acordo aseguramos a alimentación dos nenos depositando a nosa confianza nunha cadea con máis de 30 anos de experiencia e saber facer na cidade de A Coruña.